Berlín

Páxina Anterior

Páxina 10

Páxina Seguinte

modelo
conxugara un poema para atoparche.
e nel eu paseaba pola cidade.
buscaba o lugar mellor no que vernos por vez primeira.
e prometía levarlle flores, camelias
aínda que en realidade
era o poema o que che levaba polo seu ventre
e detiña os teus pasos nos lugares acordados para os amantes.
que estaban tamén no poema
que fala da instantánea que nos devolven os escaparates
da hora xusta na que acenden todas as luces
do ceo nas rúas sen saída
pero sobre todo
da sombra das árbores que atardecen, abrazados
eu sabía destes sitios polas novelas.
así inventara os nomes para a cor dos teus ollos
e pouco importaban xa a cidade
e toda a súa arquitectura antiga,
porque non sei o teu verdadeiro nome
pero es de certo ti
o que move os meus cabelos co seu alento
seino porque eu na terraza do rhin,
e ti sorrías dende o último verso.




Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega