Berlín

Páxina Anterior

Páxina 13

Páxina Seguinte

modelo
para ti, meu neno berlín, por abrigarche
busquei entre todos os prodixios
os nomes que daban aos lugares encantados
-máis fermosos que o máis doce dos poemas-
e mandeinos tatuar na seda do teu corpo
e que aprendas a pronuncialos todos, pois

cando eu marche
no seu murmurio poderemos
aínda abrazarnos.
nas estancias onde a brisa escapa da cidade.

eu, para maior entraña, desexarei ser
de entre todos, oliveira
o lugar secreto de pati,
a máis cálida parada.
onde os que se aprecian
habitan as tardes de esponxa
das madalenas.















Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega