Berlín

Páxina Anterior

Páxina 14

Páxina Seguinte

modelo
deixa que me deite entre ti e o ceo,
aquí, no verán das palabras deste poema
e que as herbiñas se che apeguen
na fibra de cada verso

e mentres
que pase toda unha banda,
e charangas con camisas de prata,
que fagan unha festa mentres nos amamos.

así,
alameda será
o espacio de milésimas
que a brisa
atopa entre os nosos corpos.














Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega