Berlín

Páxina Anterior

Páxina 19

Páxina Seguinte

modelo
para burla negra

é a cidade quen dispón das choivas
coa puntualidade das coroas nos cabodanos.

envíaas
para que os semáforos preñen de paraugas,
e as rúas do centro subleven o seu nome de defunto.
deste modo invoca
o máis profundo inverno,
o primeiro das nosas vidas verdadeiras

aquel que empeza en obradoiro
coa rabia de todas as mareas.








Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega