Berlín

Páxina Anterior

Páxina 18

Páxina Seguinte

modelo
os amigos son os que mellor entenden
que ás veces a cidade
ten o xesto seductor coma o perigo.
e madrugadas con dentes afiados
quebran en coitelas os peores locais da cidade.
e que os días de despois
son moi tristes.
que me esquece o sorriso
e non me sae dicirche nada lindo
só outono.
e entón, como eles coñecen
as dores que se apegan nos abrigos
veñen buscarme á casa e imos
á beira do río,
soleada república do noso abrazo,
e chespir remove as follas da figueira
batendo coa súa cabeciña de globo
na calma da tarde
onde a única dor posible
é unha doce molestia,
no xogo da man, aquí.
é desta cordiña invisible
que nos mantén así, unidos.







Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega