Berlín

Páxina Anterior

Páxina 21

Páxina Seguinte

modelo
máis alá das hortas
medran adxectivos preciosos
que reservo para as túas cartas.

pero agora es grande e xa sabes

que non deixan de ser só
palabras,
aínda que recorden todos os aromas.
aínda así.

e dixéronme que comezaba a repetir os títulos.


xa ves,

tanta literatura derramada
coma as amantes de maiakowski.







Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega