Berlín

Páxina Anterior

Páxina 22

Páxina Seguinte

modelo
é preciso que saibas de memoria
as direccións exactas das librerías
a disposición de cada estante
os lugares de abrigo que regalan os corredores

que coñezas

as bibliotecas tal e como estaban
coas súas calefaccións de constipado,
e fonseca de bufandas que descansan.

pois por aí comeza, amor

o noso itinerario de caricias.

tanta literatura e nós

atropelando botóns e corchetes.







Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega