Berlín

Páxina Anterior

Páxina 29

Páxina Seguinte

modelo
e agora, meu berlín de mel,
que xogamos ata o último verso
sabes a verdade da nosa historia imaxinada;

que nos coñecemos por acaso

o catorce de abril do ano
da morte do poeta ruso.
durante a miña única visita a cidade.

que foron tempos moi felices.

e que o noso amor medrou grande
en cada compostela que me amosabas.

pero que a estación rematou os seus días

e os amantes tiveron que separarse.

e comecei a escribir en secreto

as palabras que eu inventei para amar,

e inventei que enviabas cartas de améndoa,

nas que relatabas con paixón
as cousas máis pequenas.







Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega