Berlín

Páxina Anterior

Páxina 30

Páxina Seguinte

modelo
e en cada verso,
que mantivemos unha estreita, febril correspondencia.

tamén que por aquela altura, a tristeza
xa estaba instalada no vello continente
e en poucos meses
o lugar do que eu veño,
cercado.

e inventei que moitas das cartas non chegaron a saír nunca da illa .

ou se perderon nas barrigas dos avións derribados sobre o mar
ou arderon nas caixas de correos.

porque
cando pasou o das cartas
tiven que inventar que me amabas

para que sempre fose abril
no final do libro de maría.







Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega