Berlín

Páxina Anterior

Páxina 8

Páxina Seguinte

modelo
este será o teu libro para que ti nunca o saibas.
eu inventarei por iso a cidade,
os lugares ocultos, os sitios secretos.
crearei o aroma das camelias,
as cancións dos músicos ambulantes,
a herba fresca baixo os teus pés...
eu crearei este lugar para un amor que nunca morra,
meu pequeno de ollos máxicos,
e a ti tamén.
e só se amarras un globo vermello á miña man,
e xuras que será o can que camiñe ao noso lado,
que será chespir,coas súas patiñas de goma levitando sobre o chan,
se o fas, se mo xuras,
entón creareiche a ti tamén.
para que habites no meu colo para sempre
meu pequeno berlín.
ese será o teu nome, porque terás un ollo de cada cor
coma a cidade.
e este será o teu libro,
para que ti nunca o saibas.




Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega