Berlín

Páxina Anterior

Páxina 9

Páxina Seguinte

modelo
o libro comeza aquí.
despois veñen as palabras que eu inventei para amar.
mesmo antes,
de que ti o soubeses.
e as barrigas das letras.
alí agochei as paisaxes que fixeron medrar o meu sorriso
onde ti camiñabas entre a xente,
sen saber da nosa historia.
e eu fixen destes versos unha casa
para atoparnos.
e os mellores momentos
están escritos nas paredes.
para que poidas aprendelos de memoria.
eles serán a nosa lingua.
e estas páxinas
a maneira na que os teus dedos
viaxen polo meu corpo.




Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega