Casos e cousas

 

Ano I. Tocata I (5 de Xullo de 1885) pp. 6-8

Páxina Seguinte

m4armadateixeirocasosecousas001.html
     N-o Ferrol acabase de formar unha sociedade coral-lírico-dramateca, nomeada A Lira e que xa conta c'un númaro de socios bastante mais que rigular.

Que se sosteña sempre
     Ise orfeón,
Que compoñen rapaces
     D'os de Ferrol.
     Viva mil anos
E de cote que vivan
     Os ferrolanos.

               
÷

     A Diputacion provincial dea Cruña, votou, sin dimes nin diretes, unha pension de 24.000 reas, pra que poida continuar os estudios de violin n-o Conservatorio Nacional de Música, o filIo de Vigo Andresiño Gaos, qu'apesar d'os seus poucos anos ten recibidos mais aprausos que cartos Ile impoñía de contribucion âs frabicas de sardiña en Galicia o Ministro d'a Facenda.

     A Diputacion d'a Cruña
Merez'os meus agasallos
Por protexer ôs gallegos.
N-as artes, aventaxados.

               
÷
  
     Os labregos de Santiago, ademíranse de ver n-as follas d'as silveiras unhas figuras asemellantes a lagartos e qu'eles (os labregos) creen cousa mandada pol-o demo pra facerlles algunha falcatruada.
     As tales figuras son debidas âs xeadas qu'iste ano abondaron moito po r aló
   
     O demo meus amiguiños,
Está metido n o inferno,
E d'o menos que s'ocupa,
Segun eu entendo e penso,
E de facer falcatruas
'Os fillos d'o chan ibeiro,
Pois bastante teñen hoxe
C'o colera y-o goberno.

               
÷ 
   
     N-o treato d'a rua de Dragós, propiedade d'o noso paisano Irixoa daráse hoxe sábado, unha
brilante funcion á beneficio d'as probes familias d'os afogados en Marin.
     Iñigo Varela o noso apraudido tenor, terá ô seu cargo o papel de Xorxe n-a zarzuela Marina que se representará esa noite omando parte ademais n-a bullangueira comedia O Home é deble.
     Cantará duas pezas escolleitas d'o seu escolleito repertorio o popular Coro Gallego y o enxebre Farruco García Paredes [á] Galleguiño, darános a coñecer os seus tan nomeados tipos nacionás é provinciás.

Ista noito Irixoa
     Estará xic,
Pois irán ve l-a festa
     Familias mil.
     Así o esperamos
De todo l·os gallegos
     E d'os cubanos.

               
÷
  
     Non mais emigracion, apropóseto lírico dramáteco escrito na lingua gallega polo redautor d'o Eco de Galicia, Amador Marán, empezaráse a ensayar n-a semana que ven.
 
     Si quixera o redautor
D'o peródico primeiro
Que n o mundo de Colon
Para groria d'os gallegos
Por Uvaldo se fundóu,
Abofé que de boa gana,
Abofé, don Amador,
Que veríamos ensayos
De "Non mais emigracion."

               
÷
  
     A nai abadesa d'o convento de monxas de Mondoñedo non so'o recomendou segun contan O Hermandino a candidatura conservadora pra concexás d'Axuntamentos, sinon que tamen se meteu n-as eleuciós en Pastoriza.
 
     Esa nai abadesa, po-l-o visto,
Si poidera queimar ôs liberás
Non deixaba nin un para semente,
Chamarase Perico ou fora Xan.
Eu apraudo o seu nobre pensamento,
E por él recomendo a Nocedal
Que de cote a isa monxa, cantineira,
Se lle nome, d'o exército real

               
÷

     Don Xusto R. Rada chegou a Quiroga c'ó fin d'estudiar os tarreos d'aquel partido xudicial, n-os cales poideran facerse sementeiras de remolacha, pra extraer azucre d'ese vexetal.
     Gabarémonos moito de qu'o señor Rada froreza n-a industra prousima a esplotarse en Galicia.

     Qu'a industra d'a remolacha
Que vai nacer en Quiroga
Froreza sin qu'o goberno
A faiga fuxir pra fora.

               
÷
 
     O Lucense dille a Diputacion do Lugo que percure hermosear a praza d'o palacio provincial.
     Noso estimado colega propon, con tal obxeto, que s'erixan n-ela duas estátuas: unha de Nicomedes Pastor Diaz y outra de Xan Farruco de Castro.

Unha ducia d'aprausos
     Ledo lle dou
'O coléga que pide
     Esa ereccion.

               
÷

     A sazon en que tiñan lugar en Galicia as últemas eleuciós pra diputados a Cortes, visitaba o pobo d'as Pontes de García Rodríguez, un fotografo acomodado pol-a empresa d'a España artísteca e menumental pra sacar vistas d'algunhos nomeados tempros d'a nosa terra.
     O primeiro dia d'eleuciós ergueuse moi cedo o bon d'o fotógrafo e dirixeuse ô cimenteiro d'a parroquea, pra desd alí sacar millor a vista que se propoñía; mais como queira qu'atopou a porta pechada, dixoll'a un vello escangallado qu'andaba preto d'alí recollendo estrume —¡Paisano! ¡Como é que non teñen aberto o cimenteiro? —¡Ai! meu amigo, respondeull'o vello, os homes non h'estan hoxe ahí e como quedaron solas as mulleres y-o nenos pecharon a porta, cicais por medo ó demo. —Mais como é iso?, preguntou o forasteiro
     —Non lle ten nada d' estrano. Hoxe, como dia d'eleuciós, vanlle todos facer una cabarcada. Todos teñen dereito eleutoral e non lle queda ningun d'os que foron enterrados n'esa santa coba qu' hoxe non s'  haxa erguido pra depositar a papeleta menisterial n-as urnas.
     —¡Que cousas! dixo o fotógrafo, ¡Que cousas! e c'os tarabelos n'as costas deu media volta e foise.

O velliño d'o conto
     Dixo verdad:
Pois os mortos, d'aquela.
     Foron votar.
     E Caramés
Diputado foi feito
     Por esa vez.

               
÷

     Xa se inaugurou o camiño de ferro que vai d' Ourense a Monforte.
     Os monfortiños, poideron, con tal ocasion, ademirar o Cristo, o ponte o xardin d'as Burgas e mais cousas boas qu'encerra Ourense.

     Algús tamen se chegaron
Preto d'aquel vello enxebre
A quen noman O Tio Marcos
D'a Portela, vello forte
Vello churrusqueiro é farto
De recibir n este mundo
Os mais tenros agasallos,
Xa por ser un bó gallego
De todos ademirado
Xa tamen porque de ende
'Os escravos d'o traballo
Contr' fisco y-o goberno
Qu' os deixan estamentados
Con direitos de consumos
Y-outras cousas que me gabo
De calar, pol-os xiringas
D'os fiscales d'o condado.

               
÷

     Don Waldo A. Insua, direutor d' O Eco de Galicia, foi agasallado pol-os socios d'a Foliada c'un xantar n-o Restaurante O Suizo, propiedá d'o noso peisano Fraguiña
     A comida compoñiase de manxares galegos, comenzando pol-o caldo e finando c'os percebes e sardiñas cabezadas en escabeche
     Nos postres empezou a tornar a reunión un carís mais ledo. De todal-as bocas saían verbes de cariño pol a patrea Galicia. O señor Insua botóu unha parola qué foi atalIa pol as sinales d' aprobación aprausos lêndo despois por habelo pedido ansí moitos d'o concurrentes unha poesía d'o hirman Roque d'as Mariñas, que merecen Iaudes.
     Coruña, o bon amigo Cora lêu tamen unha feiticeira tradución d'os versos «Despedid d' emigrante», d'o señor L. U. Grís; tradución qu' entusiasmou á todos, xa por ser inspirada e ben feita, xa porque o autor lêuna como il sabe (e decir; muy ben.)
     Aquela reunión tiña un sinificado dino d'os nosos laudes. Era unha proba de cariño á unha presoa que traballou moito en favor d'a causa gallega en uba anqu' isto pese á algús zumezugas ; era unha mostra enxebre d'o cariño qu'os fillos d'a Suevia, sinten pol·a terra en que naceron

     Namentras qu' a pátrea teña
us fillos tan entusiastas,
debe têr n o seu por vir
de grandeza as esperanzas.

               
÷

     O Rexional de Lugo danos a escolleita noticia de qu'a Diputacion d'a uela provincia, negouse, previo un razonado informe a sinalar como xorno o ano 1509 pesetas a Don Manoel Murguía, Cronista de Galicia nomado pol-as demais diputaciós e Sociedade Economeca de Santiago

     ¿Que foi, razonado informe,
Dixo vosté meu amigo?
Pois escoite duas palabras
Que lle direi deo miño.
Ou vosté non quer meterse,
Por amore de partido
Ou por outra comenencia
Que desd'acó non distingo,
C'os fanfallas diputados
Que tal cousa suscribiron,
Ou vosté toca a viola,
Ou xamais tivo agarimo
'As resprandecentes grorias
D'aquel cornello garrido
En qu'un tempo frorereron
Os Sarmientos e Charinos.

               
÷

     O mais tenro e inspirado d'os poetas gallegos, qu'hoxe por hoxe, non tén quen Ile poña o pe diante n as Amerecas o Señor L U. Gris, vai a dar âs prensas un valente libriño de versos escrito n-a nosa fala, e qu' causará unha verdadeira revolucion n a literatura gallega
     O Señor Direutor d'o Eco de Galicia, D. Uvaldo A. Insua ocupase de facerlle un longo prólogo ö libro en custion que se titolará Ecos d'as Mariñas.

     Si o meu rogo quer' oir
O rapaz ademirado
A quen noman L. U. GRIS
Que s' imprenten decamiño
Pra gabencia d'os d' aquí,
Esos Ecos d' as Mariñas
Que faran, creo, tun.

               
÷
 
     Os nosos amigos Nelo e Xoquin Cores do d'a prateria A Acacia, son mais trafiquei qu' o mesmo demo.
     No ultemo vapor recibiron dez caixas de xoy que venderan dend' hoxe por calquera cousa.

     Os nosos amigos Cores
Teran pois para Santiago
A mellor d' a prendería
Que se frabicou n-ó ano.

               
÷

     Fai ben poucos dias sigun me conta un amigo qu'un gallego con mais flema que certos escribidores de novo cuño, visitou unha libraria d'as d'a calle d'a Muralla.
     Cravado n'unha d'as portas d'a casa víase unha vista d'a cibdá de Lugo, n a cal vista, se dibuxaba o camiño de Brañuelas po-l o que baixaban con direucion a Galicia algunhos carromatos e varios arrienos con machos cargados de viño.
     O dono d'a librería, qu'era nado en Castilla, procatandose d'a chegada d'o noso paisano, quixo darlle unha groma e non de bon xénero, decíndolle, o mesmo tempo que c'ô dedo l' amostraba o camiño en custion. ¿Laberco? ¡Cantos machos hai en Galicia! —Ten razon respondeulle o andado; pro fixese vosté nunha cousa; que todos os qu' hai alí van a ela polo camiño de Castilla.
     De maneira qu'o castexao foi por lá e saleu...


     Oigan ben señor libreiro.
Cando queira meter baza,
Dando gromas d'ese xeito,
Coide sempre de meterse
Con calquera barrufeiro
Que non teña nin migalla
D'o que teñen os galegos,
E decir, moito miolo
Moito xic, moito gracexo
Moita, sabencia de letras
E moitísimo talento.
Enténdase, por si acaso,
Qu'estas condiciós que lembro
Non chegóu á te l-as nunca 
O probe
              Chumín de Céltegos


[A Gaita Gallega, 5 de Xullo de 1885]

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega