Cun ollo aberto e outro sen cerrar

 

Antes de comezar...

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

Ós nenos e nenas de Preescolar na casa









     ... quérovos falar de Minia, que é unha nena de cabelos loiros, delgadiña e bonita, que vivía dentro dun televisor na sala de estar do quinto andar dun edificio de cimento, nunha cidade onde hai moitos nenos que viven así...

     Antes vivía nunha casa antiga de pedra e con galerías ó sur, nunha pequena viliña.
     Pero tamén viviu nunha casa de barro con teito de palla nun país onde vai moita calor. E nunha casa feita con bloques de xelo no Polo Norte.
     E nunha cova furada nunha pena grandísima.
     Pero un día, cando se estaba deitando, viu enriba da mesiña de noite un libro de contos e,
aínda que tiña moito sono, entrou nel pola curiosidade de ve-lo que había alí dentro.
     Había un trasno que a invitou a entrar na súa casa, que era un cogumelo vermello con puntiños brancos.
     Viu nenos que ían polo aire navegando nas nubes.
     Tamén atopou uns nenos que a invitaron a que durmise con eles dentro dunha caixa de mistos.
     Todos cantos pasaban quixeron ser amigos seus, e fórono.
     Así foi amiga de Carapuchiña Vermella á que lle preguntou como era posible que confundise o lobo coa súa avoa. A Minia non lle pasaría tal cousa.
     Atopou os tres porquiños e dixolles ós dous máis pequenos que tamén eles deberan face-Ia casa de pedra para que non a tirase o lobo. Aínda que os porcos, con moita razón, dixeron que se eles non fixeran unha casa de palla e outra de madeira, non habería conto e iso era moito peor que ter que fuxir do lobo.
     Estivo na casa dunha bruxa que facía con amoras un xarope que, se lle daban unha cullerada del a un profe de mate, ou de natu, ou de
soci, ou de gramática, botábase a rir coma un tolo e pasaba a clase contando contos.
     E a bruxa deulle un frasquiño cun xarope feito de lorbagas de loureiro para cando saíse do libro; era o "xarope dos soños bonitos".
     Botouse fóra do libro coa promesa de que para o outro día volvería a dar un paseo por el. Tomou un pouquiño de xarope e toda a noite soñou con contos...

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega