D'o mar e d'a terra

 

Prólogo (pp. 5-10)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1


[p. 5]


D. Francisco M. De La Iglesia González

     Velei un poeta, eixempro palpabre da nosa desidia histórica, e do olvido qu'inda envolve algús valores literarios do século derradeiro.
     Anque soe a herexía, o certo é que, as letras galegas do XIX están mal esculcadas e cheas d'inxusticias. A mesma cercanía dos persoaxes, fai caer a moitos c'o seu espellismo de críteca fácil, e d'ahí que se chegou a formar un cánon ou enroladura d'esquirtores, coa excrusión d'outros mal conocidos.
     Pero, consolémonos. Inda hay strelas potentísimas, cuia lus inda non chegou hastra nosoutros.

* * *

     Naceu D. Francisco María de La Iglesia González preto do Sarela, aforas de Sant-

[p. 6]

Iago. E desque estudeou n'a escola franciscana de S. Lourenzo, hastra que morreu, n'a Puerta de Aires d'a Cruña, levou sempre n'a frente unha strela, e n'a boca o caravel d'un cantar.
     ¿Por qué teño medo de esquirbir unhas verbas coma introito d'as suas poesias?... ¿Por qué tremei ô recollel-as n'o espigado campo d'os seus manuscritos?
     Quezais por iso, precisamente, porque me vin diante un poeta, e... ¡foi sempre tan difícile coller o ritmo das pingotas que deita a fonte!, ¡tan ousado levar conta dos aletexos d'un águia!
     Con todo, non vos asustedes, iste poeta chámanos c'a sua frauta a soños de primaveira; e non vos tollerá d'isa iluseón con renqueos de musa asmática.

* * *

     Â garimosa invitación d'a EDITORIAL MERCEDARIA débese iste florilegio de La Iglesia.

[p. 7]

  
   Nunca é tarde cando a dita é boa, reza o refrán do noso pobo; e digo eu: Dios guíe a Editorial n'ista xurdia laboura de arqueoloxía literaria.
     Naceu La Iglesia n'o Sant-lago, o 2 de Frebeiro de 1827, e morreu n'a Cruña o 5 d'abril do ano de 1897. Viveu días cheos, y-unha eterna xuventú foi sua compañeira; así n'os días dourados en que pisou as aulas compostelás, coma n' os serodios, cando peiteaba xa os fíos arxentinos d'a sua barba florida.
     Ardencioso e vital, tal qu'unha cepa vella, nunca soupo de desalento.
     Home bó —bó sober todo—, sabio, poeta, xornalista, botánico, arqueólogo, amigo do folk-lore e rexionalista. ¿Quén do seu tempo non alcontrou n'íl consello, alentos y-un fiel amigo? N'o symposio da sua amistade couperon: Pintos, Seoane, Navarro, Veiga, Barcia Caballero, Curros, Pardo Bazán, Rosalía, Calé, Pondal, Añón, os Camino, Turnes, Lamas Carvajal, Martínez Salazar,

[p. 8]

y-o mesmo Murguía, a quen dimpois tivo un odio furibundo.
     La Iglesia non coidou nunca de recoller en volumen as suas poesías —centos de composiciós— e darlles pubricación.
     Non podía. Era probe e moi traballado.
     A sua laboura foi miragrosa, foi o agromar de Mayo. Verdadeiras erupciós poéticas xurdían d'a sua pruma qu'íl manexaba c'a gracia d'un orfebre; y-o que mais ademira é, que a voltas de tanta facilidade n'a rima y-apouvigamento d'ideias, corre sempre un fío de melodía galega, que reventa, as vegadas, en múseca torrenteira.
     A sua vena lírica arrancaba d'un corazón forte e sán, pletórico d'espranzas e d'iluseós.
     La Iglesia foi un poeta enteiro, quero dicir, que n'os seus versos, tremaba a y-alma do seu tempo.
     Vosoutros oíchedes, moitas vegadas, cóma reventan n'o ar as bombas, e cómo soa n'os montes o eco d'os estralos. Pois ben; os co-

[p. 9]

razós d'os poetas —poetas n'o senso cráseco—, són os ecos do estado xeral d'un pobo; d'a exprosión de placer ou delor, que se ven a facer algo íntimo, algo que é a eispresión viva da concencia ambiente.
     Certo que La Iglesia non tivo aquela aución remexedora e turbulenta de moitos d'os seus amigos; mais non por iso sinteu menos n'a y-alma, os dôres da preñadura d'unha Galicia libre, e autónoma. Ô lindeiro d'aquelas algaradas, empuxou con estrofas e consellos a laboura redentora ¡qu'inda non chegou!
     E pra ser poeta enteiro, pra sel-o eco do seu tempo, atoparedes n'os seus versos: xa ledos parraféos e pinturas da paisaxe; ou ben traxedias d'a emigración e martirios da saudade. Pol-os seus versos rolan as lembranzas, santas e mimosas do seu lar, y-a socarrona e picaresca malicia da nosa xente.
     Non quero alargar mais iste prefacio. Teño en carpeta unha boa colleita de materiás pra


[p. 10]

un estudio d'iste poeta, y-espero en Dios, que pronto verán o día.

* * *

     Agora debo dicir que, n'ista coleución, levei un sistema algo orixinal. Pois, nin collín as mellores poesías de La Iglesia, nin todal-as pubricadas en diarios e revistas; sinon que, remexendo n'os seus manuscritos, xuntei as que —ô meu xuicio— eran mais compretas, e, sin unidade formei iste florilegio.
     Como n'algunhas poesías hay loita, e n'a loita logo se perde a serenidade, algunhas verbas soarán mal; de todas elas responde o autor por sí.
     Nada mais. Agora, leutor doado, volta a folla, e zuga n'a y-alma d'un poeta, gustando versos de home: nerviosos, ardenciosos; valentes por ser d'un celta, e cheos de vida intensa.

Mosteiro de Poyo

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega