D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"Panxoliña de Nadal" (pp. 109-115)

 

Pagina nueva 1

[p. 109]

   Alegravos, picariñas,
e votá leña no lar
porque a fortunosa hora
para todos vai chegar.
   Poñede unha ola chea
de viño e mel tras do lar,
ou con azucre e manteiga
para un grolo impois botar.
   Que hoxe o estámigo repreto
ha de estar de macallá,
de sopas e de pantrigo,
de magosto e de mazás.
   Meniños tomade piñas,
pódeas ô lume a quentar
e mentras a cea chega
os piñós escabullá.
   ¡Apilla a frauta Perucho!

[p. 110]

ti as ferreñas, Culás!
Caitano colle o pandeiro!
e tí as conchas, rapás!
   Que mentres Sabela guisa
vamos nosoutros runfrar,
cantando pol-o rueiro
a Panxola do Nadal.
   Que é xusto que lle cantemos
O Santo Neno Xesús,
que dimpois de nacer probe
quiso morrer nunha crus.



               Estrivillo

          Corré, picariñas
       Correde a escoitar
       antes de que o galo
       comence a cantar.




               Copras

   Hoxe a mansa pomba
frol de Xericó,

[p. 111]

paríu nunhas pallas
o meniño Diós.


   ¡Virxiña sin mancha!
¡Filla de Xudá!
¿Porqué sendo Reina
pares nun portal?


   ¿Porqué así nas pallas
tés o teu pichon,
o amor do alento
da mula e do boy?


   ¿Porqué o anxeliño
que y'esto anuncióu
un berce máis brando
pra El no-amachou?


   ¡Filla de Davide!
¡Neta ,de Xacó!
¿Porqué no-atopaches
un leito máis bó?


   ¡Ai, miña xoïña,
que lástema das!

[p. 112]

O ver que pra o neno
roupiña non tras.


   A yalma nos costas
véndoche quitar
o pano do côlo
pra o embrullar.


   Qué afrixido e triste
sospira Xosé
porque no encontra
con qué nos valer.


   ¿Porqué dos palacios
fuxiche, meu Dios,
e tan esvalido
naciche entre nos?


   ¿Non ves que probiños
non temos aquí
non máis que esta almiña
que nos deches tí?


   Antre estas penedas
fragas e terrós

[p. 113]

sô topar podedes
tenros corazós.


   Pro vamos, pastores,
iremos catar
canto hachar poidamos
para o acochar.


   Adios, meu ruliño,
que vamos buscar
pelexas e panos
para te abrigar.


   E pra a nanaiciña
vamoslle traguer
Cuncas de manteiga
E olas de mel.


   Rulas e pombiñas
e ovos tamén,
leite e mais fariña
pra as papas facer.


   ¡Adios!, e non chores,
que no-hemos tardar

[p. 114]

   pois de este presebe
preto está o lugar.


   ¡Adios, galanciño!
¡Adiós, meu amor!
Que os teus cabeliños
son rayos do sol.


   Os teus labios rosas
semeando están
E luz ôs luceiros
os teus ollos dan.


   Tan doce e fiteiro
E'o teu mirar
que non e posibre
poderme apartar.


   Adios que anque voume
deixo a yalma aquí,
que como m'a deches,
quer irse pra tí.


   Vamos, pastoriñas,
imos pra o lugar

[p. 115]

pra que todos veñan
a testa incrinar.


   Ante o Rey dos reises
que hoxe aquí naseu
e do deño a todos
libertarnos veu.


1861.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega