D'o mar e d'a terra

Páxina Anterior

"A muiñeira da sega do trigo" (pp.105-108)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 105]

   Erte, Minguiños, e vente conmigo,
Erte e non seas así dormitón;
Colle o forcado e abrangue o fouciño
Mentres eu chanto no carro o cambón.


   Vén, que relocen as barras do día,
mais bermelliño que o dengue se pon
o campanario da irexa, onde ledos
cen cotovíos subiando se ón.


   Ponde, meniñas, camisa ben branca,
cofia de liño e sabeneo de lan
e remangádevos ben hastra os cóbados
que hox é o día da sega do pan.


   Rosa que colla a caldeira da auga,
Milia que apeite co o cesto do pan,
que eu levarei a panela da froita
xa que co o leite os pícaros van.


[p. 106]

   ¡Eida, meniñas; que xa pol-a bouza
frauta resoa co-o chas-carrás-chas!...
¡ei! ¡que hoxe o trasno relouca doente
porque así fartos nos ve de solás !


   ¡Ai que repretas están as espigas!
¡Ai que douradas se encrinan a nos!...
¡Ei raparigos! pillade os fouciños,
escomenzade no nome de Dios.



                    Primeira voz

   Pardiola, amigos, o sol que alborexa
évola xoya millor que nos dou
noso Siñore, que él solo as espigas
co-o seu dourado sorrir maduróu.



                    Segunda voz

   N-as madurara ese sol tan garrido
se gorda chuvia no abril non viñer
e a sarabia e xiada no inverno
por estas bardas non vises caer.


[p. 107]


                    Terceira voz

   Se lle fallase a sostancia da terra
e o vento, a purga, no venlle a limpar
hoxe en lugar do pracer que vos infra
tristes bagullas vos vira ceibar.



                    Carta voz

   Vós ben falás, pron non coma un libro:
se vos marrase saú pra o coidar
estes monlliños que alegran a yalma
fora en de valde pensalos mallar.



                    Quinta voz

   Foivos a terra, giada e orvallo:
foivos o vento que o alimpóu,
o sol, a chuvia, o arado e a grade;
foi Dios, en fin, porque Dio'l'o crióu.



                    Sesta voz

   Démolle gracias por tanto ben xunto
e pol'os dias que manda tan bos:

[p. 108]

que o sol, a chuvia, e o vento e xiada
se El no o goberna fan mofa de nos.


   ¡Eida rapaces, que estralen os deños!
¡Ei que xa róxe no lume a sartén!
¡Ei que xa o sol se vai pôr tras dos montes
e so nosoutros a noite se vén!


   ¡Eixo vai roda! ¡qué chea e graúda
a nosa meda xa sobe hastra o ceu!
¡Rapi-ós deños! se come pan trigo
o que non sude a cargar coma eu.


1861.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega