Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"A Virxen d'os Doores" (pp. 46-47)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro013.html




[p. 46]

A VIRXEN D'OS DOORES.


     VIRXEN chorosa; náì sin consolo,

Ten o seu fillo morto n'o colo
Votando sangre por mans e pés;
Fixol'os ollos n'o azul d'o ceo,
As sete espadas n'o casto seo
A nai é Virxen cravadas ten.

———

Virxen chorosa, nai lastimeira
Cando tua imáxen por vez primeira
Cando era neno n'a eirexa vin,
Meus probes labios d' amor tremeron,

Meus tristes ollos vágoas verteron,
Non sei que cóusa pasou por min.

———

     Dulces recordos, santas mamorias,
Cheas d'encantos de lus é grorias

[p. 47]

Sentin n'o peito rezusitar;
A paz sonaba vivindo en guerra...

Pensei n'o ceo. deixei á terra...
¡Mais, ay, non tiven aas pra voar!


———

     ¡Non se m' esquece mentras que viva
A miña y'alma sola é cautiva
N'iste desterro sín paz nin lus!
¡Non se m' esquece teu desconsolo
Virxen sagrada que tes n'o colo
Quen por nosoutros morreu n'a crus!

———

     Esconsolada nai d'os mortales,
Branca pombiña que moito vales,
Foco esprendente d'a lus d'o sol;

¡Fai que te vexa pra miña sorte
Cando istes ollos me cerre á morte...
Fai que te vexa preto de Dios!!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega