SOLO y-esquecido vivo
Qu'estou pra iste mundo morto;
E o d'or meu
simenteiro
O desengano meu lóbio.
Dinme que chorache moito
'O morrel-o teu amante;
De fixo qu'está n'o ceo
Cand' eiquí o chora un ánxel.
D'un modo fatal e extrano
Vése a posicion d'os homes,
[p. 63]
¡Canta fartura n'os ricos!
¡E canta fame nos probes!
Canto s'engana o que xuzga
Os homes pol-a presenza;
¡Hay unhos
corpos tan longos
C' unha yalma tan pequena!
Dícheme o dulce «te amo»
Un dia n'o simenteiro;
D'o amor que nace entre mortos,
¿Cal será o fin postreiro?
Ave que deixa seu niño,
Baxel que se vai pr'o mar,
Soldado qu'está n'a
guerra
¡Sabe Dios si tornarán!
Os homes din qu'as mulleres
Dan espiñas cal-as frores;
Todos iles
saben isto,
¿E pra qu'as buscan estonces?
Collin unha fror y-o punto
Quedou muscha e desfollada;
¡Así lle pasou
n'o mundo
'A fror d'a miña esperanza!
[p. 64]
Fun feliz, tiven amigos,
Hoxe qu'estou n'a desgracia,
Os que me daban
á man
Agora negánm'a cara.
Nena d'os oIliños negros
Negros com'o meu door,
A d'os cabeliños rizos
Rizos que meu sono son.
A d'as miradas melosas
Melosiñas cal-o amor,
¡Ay cantos sospiros
costas
Costas 'o meu curazon! |