Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"O dia de festa" (pp. 98-104)

 

m5lamascarvajalraminhoprimeiro029.html




[p. 98]

O DIA DE FESTA.


I.

     CHEGOU á festa d'a nos'aldea,
Hoxe os veciños van á folgar,
Chegou a festa ¡bendita sea!
¡Afellas tarda ben en chegar!
     Vay a alborada, tocando a gaita
Qu'inframa todol-os curazós,
Vailles decindo que é dia de festa
E que se ergan que sai o sol.
     Diante d'as crocas brincan os nenos,
Fan os foguetes, ¡xiis xiss... trás trás!
Violìs, zamfonas, tocan os cegos,
E ripinican moito as campás.
     Sairán os ramos cheos de panos,
Con sintas, frores postiñas ben;
Haberá danzas com'outros anos,
E rifaránse roscas tamen.
     Cando de volta, n'a eirexa logo,
Entren os cregos co'a precesión
A unha madama poránlle fogo;
¡Cantas voltiñas dará 'o redor!

[p. 99]

     Si as andas puxa calquer devoto
Outros o precio mais rubirán.
Metel-o santo drento d'a eirexa
Ha de custarlles vinte reás.
     Vellas e vellos, mozas e mozos,
Hoxe desfrutan de gran pracer;
Si non é sempre martes d'entroido
Tamen as festas pouco se ven.
     Dia de festa ¡bendito seas
Pol-as legrias que ti nos das!
Hoxe os veciños d'outras aldeas
A vel-a festa nosa, virán.


II.


     Vistiyvos logo Carmela e Xoana,
Poñéde o dengue y-a muradana,
Bulid-eixiña pra camiñar,
Que xa tocando vai o gaiteiro

Cara o turreiro;

Non vos parédes, vamos bailar.

Sabel, axusta ben o corpiño;
Anxéla, coida si vai postiño
Teu zagalexo, bulide xá;
'O son parleiro d'unha muiñeira,
¿Que rapaciña xa casadeira,
Non sinte o corpo d'amor tremar?

[p. 100]

III.

     Votan foguetes, toca o gaiteiro,
As xentes bailan xa n'o turreiro:
¡Mirái que gracia ten a Sabela!
Fai unhos puntos qu' é groria vela
Baila a muiñeira como ninguen;
O barballoas d'o tio Xaviere
Morre por ela, mais non-o quere
Pois xa cortexo n'a Granxa ten.
     ¡Ay que postiña ben a Delores
Que ben lle sentan aquelas fores
Que trai por-riba d'o curazon,
A boa moza ninguen lle gana
¡Vaya un corpiño d'unha aldeana!
¡Vaya unhos ollos que estrelas son!
     Eiquí vos vedes boas mociñas
¡E que graciosas, que xeitosiñas,
Cantos esprítus' canta muller!
Cabelos negros, cabelos rizos
Homes que sodes antoxadizos
A vao xa tedes ond'escoller.


IV.

     —Queres bailar miña xoya.
—Non quero porqu'estou cansa.
—Vamos á votar un neto.
—Tampouco, non teño ánsia.
—¿Enton que tés?

[p. 101]

—O que teño

A ti non che importa nada.
—Moito m'estrana que fales
D'a maneira que ti faIas.
—Pois no-o estranes Anton;
Poucas son as malas fadas
—Abofé que non entendo
Canto me dis Xuliana.
—Ben cho creo, ben cho creo:
Escoitas tocal-a gaita
E férvech'o corpo inteiro
Por ir bailar co'a Xenara;
Anda vai, que si che rifa
Ech'un disgusto pr'a casa. 
—Seica te bulras de min?
Non pois........

—A cousa está crara 

Co gallo de que te quero,
Ben te bulras e me enganas.
—Eu nunca enganei a naide,
E menos a ti Xuliana
Qu'eres soliña n-o mundo
A dona d'a miña yalma
—E pra que honte bailache
Con outras n'a fuliada.
—Non é certo.

—Quente viu 

Díxomo n'a miña casa.

[p. 102]

—Si creto lle das á contos
Enton.... estás aviada
—¿Logo ti quéresme?....

—Moito....

Como se quer a unha santa
—Pois moito mais eu te quero:
¡Ay si souperas as vágoas
Qu'onte verteron meus ollos!
—Abofellas?

—Dios me valla

Como che digo a verdá.
—Pois xa todo pasou, cala;
Hémonos casal-os dous
Antes que cheguen-as pascoas.
—Enton ben.

—O dito, dito.

Básteche a miña palabra.


V.

—Miña nai, non sei que teño,
Miña nai, vou á morrer;
Ouz'o barullo d'a festa
E xa non me póido erguer;
Outros anos n'o turreiro
Tamen eu louco bailei
E tiña amantes mulleres
Que me deran seu querer;
Hoxe, n'iste leito, enfermo,

[p. 103]

Xa naide me ven á ver,
Nin teño quen me recorde,
Nin quen me nome terei,
Qu'o mundo cando s'entrega
'As loucuras e pracer,
D'os enfermos e d'os mortos,
¿Quen se recorda? ninguen!
     —Cala meu filliño cala
Non me fagas padecer,
Qu'unha naiciña quirida
Inda pra consolo tes.


VI.

     —Hoxe as veciñas bailan e folgan
Solo eu coitada chorando estou,
Son sin-o horne que tanto quero
Corpo sin alma, ceo sin sol.
¡Ay, unha noite, que negra noite!
'A nosa casa veu un sinor,
Non sei que cousas falar podian
Cando estiveron faland'os dous;
D'alí a tren dias o meu homiño
Deixoume sola co meu door;
Fóise pr'Habana ¡si nunca fora!
¡Malia o nemigo que m'o levou!
Dixo que iba facerse rico;
Xa fai tres anos qu'il se me foi,
Non sei si vive, non sei si é morto;

[p. 104]

¡Ay meus filliños d'o curazon!
¡Ay meus filliños, cando il estaba,
Cando vivia xunto de vos
Caldiño e vica non vos faltaba,
Hoxe morremos de fema nos!
¡Malia os malvados homes qu'enganan
Pol-as aldeas a xuventu.....
Malditos sean que non atopen
Pieda n'o excelso Mártir d'a crus.


VIII.

     Vai vindo a negra noite calada
E xá s'escoitan d'unha ruada
Os aturuxos y'os alalaás,
Acento brando que repetido
De monte en monte, cal-un xemido
Lonxe muy lonxe morrendo vay.
     Noites tranquilas, noites sereas
Noites de festas que n'as aldeas
Cando era neno felis pasei
¡Ay, vou morrendo de soedades,
Ises recordos d' outras edades,
Sempre n'a mente fixos terei!
     Cal vái quedando solo o turreiro
Cando se marcha d'il o gaiteiro
Así pr'a cova soliño vou....
¡Dulces recordos d'a miña vida,
Douvos a queixa de dispedida
¡Adios meus sonos, adios, adios...!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega