Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Adornos vanos

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas012.html



[p. 25]

   De Abril certa mañá, sobre unha rosa
Brilaba de resín perla fermosa.
A fror ¡que linda estaba!
O pudor os folliñas sonrosaba,
E da brisa lixeira
Ó campás e co-a gracia da palmeira
Mecíase orgullosa soavemente,
Agardando que o sol resprandecente
A corola bañase
E na perla o fulgor reververase,
   Mais a pinga xuntando
Os raios, foi as follas requeimando,
E a fror, antes fermosa, xa muchada,
Entre o polvo quedouse sepultada.
   Si adornado se houbera
A fror co seu aroma, e non quixera
Outro adorno lucir que Ile era estraño,
Aforrado se houbera o desengaño.

   N-este mundo, ¡Dios Santo!
Cantas son as que luxan seu encanto
Ó cheiro das virtudes preferindo
Adornos dos que aquelas van fuxindo.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega