Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

A tralla e a aguillada

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas011.html



[p. 23]


   Pousou certo labrego unha aguillada,
O seu carro ô deter, de un coche preto
Que tiña alí a parada,
Y en tanto âs ordenanzas, sin respeto,
E man a man "auriga" e carreteiro
N-a taberna votaban un chanqueiro,
Conversación romperon
A aguillada e a tralla, ponderando
O poder que, de antigo, dominando
Os máis rebeldes brutos exerceron.
   —"Si —dixo a tralla— estralo,
A galope sair fago ô cabalo,
E si negarse quere, un lostregazo
Ben a tempo e con arte
Sentado, salva parte,
Nos cuadrís ou no medio do espiñazo,
Andar o fan, que ôs homes nada valla
O imperio pra soster como unha tralla,"
   "Pois, —falou a aguillada—



[p. 24]


Si finco o meu ferrote
No pelexo dos bois, non digo nada:
Sair os fago a trote,
E mándeme o labrego
Galvás, que en pronto os ei traguer a rego."
   Protestaba o cabalo do que oía,
Mais un dos bois, que en calma remoía,
Conservando a cachaza
Que conocemos todos
Do peso propia e propia da súa raza,
Nin perder os seus modos,
Dixo âs marmuladoras:
—"O poder de que tanto vos gravades,
¿Por qué, miñas siñoras,
Con nós agora non exercitades?"
E logo, unha cornada,
Voar a tralla fixo e a aguillada.

   Os que como estromento a forza tedes
¡Pra que decirvos máis, si me entendedes!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega