Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Malas contas

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas014.html



[p. 27]


   Por se librar de ladrós,
Que aquí, como en todas partes,
Prauticando as malas artes
Viven a conta dos bós,

   Antón, que era un home honrado,
Puxo, e postas inda están,
En cada porta un candado
E reixa en cada ventán;

   Mais seus afás non lograron
Libral-o: pol-os buratos
Das ventás aves entraron,
E pol-os da porta, ratos,

   E dentro, xa, conta deron
Do grau, do xamón y-o queixo
Que ben gardaba, e romperon,
En un arcaz bon, de freixo,



[p. 28]


   Ó fin e ô cabo na conta
Caendo, que é tolería
Facer unha economía
Que máis gasto logo monta,

   Tras cavilar longo rato,
Seus bés defender querendo,
Acabou Antón poñendo
Vidros e mercando un gato,

   E de tal xeito e tal hora
Non tivo cavilaciós,
Pois non lle fan os ladrós
Daño xa dentro nin fora.

   No mundo, leutor, —e a tí
Entre eles eu non quixera
Contarte, —cantos así
Son como din que Antón era:

   Non recelan en gastar,
Os carlos ás presas tiran,
E por un peso aforrar,
O que quixeron lograr,
Quizaves perdido miran.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega