Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

O vidro e o ferro

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas015.html



[p. 29]


   "¡Son forte!," a marra dixo
En conversa co vidro, e pra probal-o
Mazocando un penedo esforzo fixo,
E deu, esnaquizándose, un estralo.

   "¡Eu son debre, coidado!"
Berrou o vidro, e dende entón, quén queira,
Enteiro pode vel-o resguardado
Entre os debres villotes da vidreira.

   Naide da marra garda xa memoria,
En troques na vidreira o seu oficio
O vidro bon servicio
Fai. Leutor, non esquenzas esta hestorea.

   Si queres non gastarte,
Gárdate como dous, si é que eres debre;
Mais como dez, si forte, has de gardarte.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega