Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Non se consola o que non quere

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas017.html



[p. 32]


   Unha gavia facendo Antón Valiña,
De seis cuartas de fondo e tres de anchura
Co-a idea de prantar en ela viña,
Daba ô diaño os aveños y-a feitura,
Pois en inda non vintecinco brazas
Terrón saía de outras tantas trazas.

   Anque baixo rosmaba
Antón, certo veciño que o escoitaba
Respondeulle: o traballo non atrases
Pensando así. Menos distancia ô cabo
Do porco, e mira, do fuciño ô rabo
De carne, e mais non mala, cantas crases.

   Conformándose ô fin c-o que escoitaba
Antón, —¡e que remedio lle quedaba!—
Seguíu co-a gavia, que o refrán xa dixo
Que se consolou sempre aquel que quixo.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega