Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

O paxaro sedento

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas016.html



[p. 30]


   Do vran unha tarde ardente,
De sede morto un paxaro,
Con ansedá busca a agua
Cruzando o val despobrado.

   O sol brilante e sin nubes
Amóstrase aló no espáceo,
Deixando na terra a promo
Caer os ardentes raios;

   Mentras as frores muchadas,
Sin forza tamén, seus tallos
Hácea ô chan buscando a morte
Van pouco a pouco incrinando.



[p. 31]


   Non ouvean os cadelos,
Non se oi o chirrar dos carros,
Nin a campana da hermida
Dí xa nada ô bon cristiano,

   E mentras todo así dorme,
De sede morto o paxaro,
As áas bate xa sin forza,
Que a vida vaino deixando;

   Mais de repente percibe
De unha fontela o remanso,
E aló, máis lonxe, escumante
E choutador un regato.

   E facendo un novo esforzo,
Sin vida, cuase, e sin ánimos,
Chega e tírase no rego,
Morrendo, ô fin, afogado.

   ¡Ai!, cantas veces pensei
Que asomella esto ôs peisanos
Que deixan o chan gallego
Perseguindo un sono vano;

   Que non son sempre as riquezas,
De conseguilas no caso,
As que felices nos fan,
E con que todos soñamos.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega