[p. 34]
Certa noite, xa pecho un piano,
Despois de un concerto,
Comenzaron as tecras caladas,
Rifar de este xeito:
"Aquí todas xa somos iguales,
As crases morreron",
Dende un lado berraban algunhas
De agudos acentos.
"Eso, a paso, señoras", decían
En tono severo
De outro estremo unhas poucas, " iguales?
¡Non pode ser eso!".
Y-en disputa estiveron un longo
Pedazo de tempo,
En que ô cabo poideron de acordo
Poñerse un momento,
[p. 35]
E conformes as partes, pautaron,
Deixando o boureo,
Do pianista o final ou senténcea
Fiar de aquel preito.
Y-escoitade do fillo de Apolo,
Notabre maiestro,
A moi sabia sentencia, que proba
Do xuez o talento:
"Todas sodes da mesma materia,
Eso eu non-o nego,
Entre todas formades, sumadas,
Un piano compreto;"
"Sodes todas aquí moi precisas,
E mal estromento
Fora aquel que de todas vosoutras
Tivera unha menos;"
"Mais, si canto vos levo xa dito
Sabedes que é certo,
Eu tan sólo pregunto unha cousa:
¿Sonadel-o mesmo?"
Cal as tecras do conto, no mundo
Ó igual somos feitos,
De hoso e carne, según din non poucos,
De terra, que eu penso;
[p. 36]
Todos, cal o tecrado armonioso
De aquel estromento,
Pra que esteña compreto, sin duda
Que falla facemos:
¿Mais, iguales, cal queren algunhos?....
Que collan o metro,
E verán como os unhos son altos,
E os outros pequenos:
Que ensaminen a cara de todos
E digan si, afeito,
Sin haber esceución, somos todos
Bunitos ou feos;
Que nos pinchen a todos e vexan
Si é igual noso xenio....
Si dous solos, dous solos, siqueras
Común algo temos.
|