Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

¡Maña, maña!

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas020.html



[p. 37]


   Dous cadelos, Antón, que vai de caza,
Leva, os dous de boa raza,
De acreditada marca unha escopeta
Ó lombo, e adornada
Unha bulsa colgada
De municiós e pólvora repreta.
   O que é ver víu coellos e perdices,
Tirou quizais cen tiros, pro, ¡narices!
Con máis salú marcharon
E con lástima os cas pra Antón miraron.
   En troques, Xan, con un cacharro vello
De pistón, e tres mendos mal votados,
En tres horas cazados



[p.38]


Tiña sete perdices, un coello,
Tres lebres, seis arcéas e un lavanco,
Que en donde punto fai, non erra branco.

   Esto proba, leutor, que a ferramenta,
Por moi boa que sexa e moi segura,
—Quen-o esperimentou vol-o asegura,—
As facultás nin unha miga aumenta.
Conveniente será pra quen-a entenda,
De estorbo pro que non, e non se ofenda
Antón, que pode ben ser un doutor;
Pro moi mal cazador.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega