Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

O home e a lima

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas026.html



[p. 45]


   Un valente, que as forzas
          A gala tiña
Amostrar, con empeño
          Louco quería
          Unha cadea
Grosa, co solo esforzo
Das maus, rompela.

   Tirada en un recanto,
          Cuase esquencida
De ferruxe cuberta,
          Víun-o unha lima,
          Que, de éste xeito,
Se espricou, cando do home
          Notou o empeño.



[p. 46]


   —"Si de min te valeras,
          Quizais axiña
O que en vano pretendes
          Conseguirías;
          Que, moitas veces,
O que as forzas non p den
          As mañas vencen";

   Mais altivo e soberbo,
          A estas palabras
Da lima, aquel responde
          Con unha marra
          Tal golde enriba
Pegando, que o estromento
          Debre esnaquiza;

   Mais a pouco, a impoténcea
          considerando,
Busca a lima con ánsea;
          Pro busca en vano;
          Que asi socede
Ó que en tempo oportuno
          Desprécea ô debre.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega