Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Compre xeito

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas025.html



[p. 44]


   Pra amañar un rilós tiña Brais Rouco
Ferramenta a rodar, mais xeito pouco.
En troques, Xan Petelos,
Non tiña nin tenazas nin martelos;
Mais dende ben cativo
Habridá pra éstas cousas sempre tivo.
Resultado: que en tanto Brais en van
Amañar o rilós pretende, Xan
Con soprar unha vez, e non moi forte,
Cambear consigue do rilós a sorte.

   Insinoume e espiréncea
Que o ler libros é bon; mais non da céncea,
A quén, cal Brais do preito,
Ten cartos pra mercal-os; mais non xeito.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega