Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Castigo da inorancia

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas028.html


[p. 48]


   Pol-o xenio imortal, cuia memórea
Avara garda a hestórea,
No Escorial famosísimo se erguía
Aquel mosteiro-pazo, en que se marca
O cenit a que un día
Unha nación chegou e seu monarca.
¡Todo era movemento, todo vida
Na aldea pobre e antes esquencida!.
   Cimentos escavados,
Pedras en bruto, andamios, cimbras, arcos,
Soleiras de ventás, de portas marcos,
Colunas, capiteles xa labrados,
De carros algús centos,
Miles de obreiros ô traballo atentos,
E por entre o babel, como do mundo
Que seu poder e xenio gobernaba,
Esquencido y-en calma paseaba
D. Felipe Segundo.
   Un curioso pedante,
Crítico, como moitos, inorante.



[p. 49]


Seguro de que oía
Aquel home de negro mal vestido
Que marchando, aburrido,
Con paso tardo lentamente vía,
A parlar comenzou, os arquitrabes,
As colunas e naves,
Plantas, cotas e alturas mesturando
De tal xeito, que o Rei que leva o mote
De Prudente, que tiña diante un zote
Votando a conta, fóiselle acercando
E preguntou: «señor, vosté que o sabe,
O que é, decirme quere, un arquitrabe»?
   Calou o presumido
Pol-a pregunta véndose collido,
Y-entón o Rei lle dixo: «non se ofenda;
Mais non fale xa máis que do que entenda».

   Aprícollel-o conto ôs que xusticia,
Sin tomaren traballo en conocela
Nin máis xuicio mostrar que unha buvela,
Lle negan a Galicia.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega