Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

O león e o peixe

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas030.html



[p. 54]


   Maxestuoso un león de porte altivo,
De recorrer xa canso
O deserto, do mar preto da orela
Tranquilo en unha pena recostado,
Cal as ondas na praia
Morren, sin duda, estaba contemprando.
   A vista do elemento,
O sin par espeutáculo
Das ondas axitadas que reventan
Con fureoso bramar contra os penascos,
Recordalle deberon
Que dos bosques él era o soberano,
Y-encomenzou, estónceas,
De este xeito a falar, solo coidando
Que estaba en aquel sito
E ninguén o escoitaba, pol-o tanto.



[p. 55]


   —"No mundo contra mín ¿quén, estrevido,
Meu poder disputando
Se volveu? Si é que teño a callentura
E no médeo do val estónceas bramo,
Si ruxo, en un istante
Tembrar os animales todos fago,
Que ante mín ovelliñas
Son as onzas, panteiras e leopardos;
E o moi astuto zorro,
E o animoso cabalo,
E o lobo carniceiro
Procraman soberano
A quén, cal eu, de unha potente raza
Leva o peito c-o sangue alimentado.
¡Non hai un animal que non me tema,
Con impéreo ausoluto en todos mando!".
   Escondido, entra as ondas,
Estivera escoitando
Burlón e malicioso
Un peixe estas razós, e o moi villano
Dirixíndose ô león dille: —«abofellas
Que me deixa pasmado 
Vostede, meu amigo,
Si pretendo, que o dudo, que ha mandarnos
Ós que libres acolle
Do Gran Neutuno o trasparente manto».
   Fureoso o rei dos bosques
E de rábea seus ollos alampando,
Sin pensar nos peligros,
E sí tan solo ô peixe descarado



[p. 56]


Castigo en impoñer, pegando un brinco
Avauzou entre as ondas; mais en vano:
O peixe dende lonxe
Continaba a insultal-o,
E ô fin, cuase sin forzas,
Sin folgo cuase e de nadar xa canso,
Entre as ondas do mar deixou a vida
O que das selvas era soberano.

Esta é, según eu penso,
A leución que se quita de este caso: 
Na nosa casa reises;
Na chouza dos demais non-os metamos, 
Si, como o león do conto, 
Perecer non queremos aldraxados.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega