Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Os farsantes

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas032.html



[p. 58]


   Tiña un can Xeneroso,
Regalo de un seu primo da montaña.
—"Valche pouco, —lle dixo
Cando llo troixo,— pra gardar a casa:
Anque o maten non morde a naide e sólo,
Xa ves, que ten boa pranta,
(O can alzaba un metro)
E ladra, eso si, ladra,
Ladra, sin que se canse,
O mesmo un día ou dous, que unha semana.
Agora, si lle berran algo forte
Ou lle insinan, non mais, unha aguillada,
Xa tés o can metido
Debaixo de unha mesa ou de unha cama.
   —"Sírveme o can, —o Xeneroso dixo,—
Eso era o que eu buscaba:
¡Un farsante! Verás como o respetan
E non hai un que se lle suba âs barbas".
   Encargoulle un collar con moitos cravos, 
Ordenou lle fixesen unha casa 
De ladrillos, e logo



[p. 59]


Con cadea de ferro o can amarra,
E por si fose pouco, pintar fixo 
Sobre unha grosa táboa
Un letreiro que avisa a todo o mundo 
Que o can é fero e traba.
   Naide máis xa na finca se lle mete, 
Nin a froita lle van, nin âs patacas. 
Do can que troixo Xeneroso corre 
Entre os vecinos do lugar a fama,
E pode, dende estónceas, moi tranquilo 
A perna solta xa durmir na cama.

   Cantos homes conozo,
Que anque ben non resulte a comparanza, 
Son como o can de Xeneroso: sólo 
Aparentan e ladran. 
¡Hai que ver a sobérbea con que ordenan, 
O impéreo con que mandan! 
Pra eles nada de respeto é dino: 
Ó vello insultan, e â muller aldraxan. 
Sostennos, como ô can, as aparénceas, 
Deféndeos sólo a farsa.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega