Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Mala eleución

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas033.html



[p. 60]


   Por non sei que artes,
Certo rapaz,
Consigue en unha
Despensa entrar,
E rebuscando,
Con louco afán,
Algunha cousa
Que ôs dentes dar,
Bater con unha
Queipiña vai
Na que, revoltas,
¡Felicidá!,
Noces maduras
E almendras hai,
E, por suposto,
Metendo a man
Unha presada
Logra pillar.
   Primeiro as noces
Quere probar,
E unha por unha



[p. 61]


Partíndoas vai;
Mais como a cousa
Pesada fan
As duras cascas
Ter que crebar,
Tirando as noces,
Con ansedá
Vaise âs almendras,
O bon rapaz,
E cando o zucre
Desfeito xá
Deixa o carozo
Solo, entón ¡ai!
Tras a dozura
Veu o amargar.

   Por eles mundos
Oio chamar
Sabios a moitos
Que co-a verdá
Fixeron eles
O que o rapaz.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega