Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Os dous gaiteiros

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas004.html

[p. 9]

   Dous amigos gaiteiros,
Nos tempos cavilando
Que están, en verdá, pouco pra alugueiros,
Co-a idea de aforraren o que monta
O gasto de tambor, fixeron conta
Con un os dous en írense amañando,
Y-en unha romaría
A que foron levados
Por certo maiordomo contratados
Pra tocaren os dous en compañía,
Os que alí concurriron
Con un solo tambor chegar os viron.

   A cousa foi corrente
En tanto que entonaron



[p. 10]


Unha tocata igual, mais, de repente,
Encomezou a xente
A decir, en dous bandos separados,
Que máis xa non tocaran mesturados,
E mentras uns querían
Nada de antiguedá, e antuseasmados
De berrar non pararan,
E aínda a propasárense chegaran,
Si promesa non fan dos agarrados,
Pra outros era estrana
Música que non fora a riveirana.

   Xa reposto do susto
O maiordomo, que acudira â presa,
E co gallo de dar a todos gusto,
Pois a armonía conservar Ile entresa,
Determina que, en tanto un a muiñeira
Toca, ôs walses o outro se dedique,
E logo... que se aprique
A bailar cada cal o que máis queira.

   E de ver foi entón como sudando,
O que o tambor tocaba,
Os palitroques ben repinicando
Ós de un e de outro bando
En marcar os compases se empeñaba;
Mais en van, craro está; ¡non é posibre
Muiñeira e wals faceren compatribre!
Pol-o que, certo vello marrulleiro
Dixo ô tamborileiro



[p. 11]


—"¿Aturar non poideche a dous e queres 
Poñer en armonía
A tantos centos de homes e mulleres 
Como hai na romaría?
Si servir non se pode a dous señores, 
Dúas gaitas precisan dous tambores.

   Mentras costumes e moral unidas 
Marchan, ben pode a lei acompañal-as; 
Mais cando xa perdidas 
Da unión as forzas, vaian devididas, 
As leis, e tolería,
Pensar en que conserven a armonía.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega