Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Os ratos lexisladores

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas005.html



[p. 12]


   En amañar pensando o mundo un día,
Hastra tres centos ratos se reuniron
Detrás de unha despensa, na que había
Xamón e queixo, que eles pronto uliron.
   O que logo pasou ben escusado
Será que o diga: os ratos esquenceron
Os motivos de habérense xuntado,
E do queixo e xamón todos comeron.


   ¿Que extraño é que esto pase ôs ratos, cando
Con outros que o non son está pasando?

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega