Gatos ionquis de Fornells. Teatro insular

Páxina Anterior

Segunda parte.

 

v2xavierpicallogatosionquis002.html
6 x 1 = 6

6 x 2 = 12

6 x 3 = 18

6 x 4 = 24

6 x 5 = 30

6 x 6 = 36

6 x 7 = 42

6 x 8 = 48

6 x 9 = 54

6 x 10 = 60






ESPACIO

Cala

Autor- Unha vez de cativo vin un folleto turístico cunhas augas esmeralda que prometían velo fondo. Resulta incríble que agora poida bañarme nelas. Son esas fantasías infantiles que o adulto destrona.
Mariñeiro- Hoxe podes realiza-la.
Autor- Hoxe poido comezar unha nova vida.
Actriz- Hoxe, o último que chegue a auga paga as copas.
Actriz-Mariñeiro- Que boa está¡
Actriz- Auga purificadora para a semideusa.
Mariñeiro- E que non vas meter máis cos pés?
Autor- Teño que aclimatarme a ela, conquerir unha relación estable entre a friaxe da auga e a temperatura corporal.
Actriz- Está morna para as temperaturas ás que estás acostumado.
Autor- Pero aínda así preciso un tempo.
           Contacto das máns, caluga, peito e a definitiva, a proba operística:
Distorsiona a aria "los cojoooncillos"
Actriz- Diminutas bolas que se inscrustan na súa bolsa.
Autor- Diminutos adxetivos colindantes co sustantivo meretriz.
Mariñeiro- Vamos, deixade as declaracións amorosas e disfrutade do mar.
Autor-Actriz- Semideusas atlánticas / rexeitan da cabaza / para iren á caza / dos apolos con mellor baza.
Mariñeiro- Eh, non, a mín deixádeme tranquilo, ei, non.





7 x 1 = 7

7 x 2 = 14

7 x 3 = 21

7 x 4 = 28

7 x 5 = 35

7 x 6 = 42

7 x 7 = 49

7 x 8 = 56

7 x 9 = 63

7 x 10 = 70







Mariñeiro- O monitor está contratado. Aquí tedes as palas e esta pelota de regulamento. Por se non vos decatáchedes aquí hai familias. Control.
Autor- Máis ben será a falta del. Todas son parellas con dous críos, un duns tres anos aproximadamente e outro que comeza a andar.
Mariñeiro- A maioría son alemáns, británicos e italianos. Os seus estados deben subencionalos.
Autor- E eu pensando que o teatro andaba mal.
Actriz- Resulta unha illa do máis maternal.
Mariñeiro- Atenta ó xogo, e que a pelota se manteña ocupada.
Actriz- Hai mais maneiras de conseguilo.
Autor- Non tiñamos un colchón de aire?.
Actriz- Na miña bolsa.
Autor- Outro dos meus soños infantiles: deitarme nun deles sen medo a volcar.
Inzao.
Autor- Podedes deixalo xogo e botarme unha man.
Actriz- Quéres unha man ou unha boca?
Autor- Prefiriría que alguén tivese mercado un inzador manual, pero así as cousas, unha boca funcionará. Non esquezades sumarlle pulmóns.
Túrnanse ata que a colchoneta colle presencia. Unha coreografía básica fai que a parella siga investigando boca con boca o novo xogo. O autor fica mareado.





SOMBRA AUTOR

non deixo de pensar en ti. os días sucédense co timbre da tua voz o meu redor sei que non estás. maxino as palabras que quero escoitar, tantas veces repetidas no pasado.
qué difícil admitir que non estás, non che pido que retornes, hai un fío non sei se de neve ou lume que divide as estancias. creo que está ben así. quero que descanses, sacro descanso do que a vida te divorciou, non houbo rosas no teu camiño, sí espiñas de frío aceiro, a vida esquece, a morte non. penso en voz baixa e con medo a ser delatado que a morte é o descanso do guerreiro, o tempo en que corpo e alma toman xuntos un grolo de tregua, os convidados son escollidos entre o máis granado, entre os mellores. o resto gastamos o recordo para continuar nesta feira, seguímolo rastro das pegadas que deixaches tan profundas e dignas sobre a area. as frases feitas ás veces axudan a modelar os desexos, o desexo único e derradeiro: dencansa en paz.





8 x 1 = 8

8 x 2 = 16

8 x 3 = 24

8 x 4 = 32

8 x 5 = 40

8 x 6 = 48

8 x 7 = 56

8 x 8 = 64

8 x 9 = 72

8 x 10 = 80






ESPACIO

Cala

A actriz rouba a roupa do Autor e o Mariñeiro.

Actriz- Se queredes agárdovos no restaurante.
Mariñeiro- Nun momento estamos listos, pantalón ó canto e aire de coche.
Actriz- Eu dígovo-lo só para a vosa información.
Autor- Informados.
Actriz- E uniformados con saias. Arrivederci.
Autor- Onde vas, se non temos roupa, nen medio de locomoción!
Actriz- Dádevos presa e convencede a algunha guiri cos vosos encantos.
Autor- Dous homes polo prezo dun, e en roupa íntima.
Actriz- Pareos, a novidade, pareos para elas e para eles. Estaredes a última, causaredes sensación.
Autor- Esplícallo tí ás guiris.
Actriz- Forza de vontade e ánimo.( Marcha ás carreiras )
Autor- Nin ebrio de cazalla. Remataría coa miña carreira de sex-simbol. (O Mariñeiro) Non ves qué para poñer isto hai que ter pernas e cú, sobre todo cú. Un bo cú.
Mariñeiro- Non o tes mal, ademais non sei onde imos senta-lo cú para cear algo que non sexan reptiles de area.
Autor- Reptil, o fillo da reptila. Mellor o pareo.
Poñen os pareos.
Mariñeiro- Levas unha pinta.
Autor- E ti unha facha.
Mariñeiro- Guiris o nordés, operación ataque. División de choque: acoso e derribo.





9 x 1 = 9

9 x 2 = 18

9 x 3 = 27

9 x 4 = 36

9 x 5 = 45

9 x 6 = 54

9 x 7 = 63

9 x 8 = 72

9 x 9 = 81

9 x 10 = 90






ESPACIO

Cala Morell

O autor e o mariñeiro van vestidos con pareo e americana.

Autor- Por qué tanto xerogrífico para chegar aquí?
Mariñeiro- Non quedaramos no restaurante?
Actriz- Penséino mellor e decidín compartir convosco o crepúsculo.
Mariñeiro- Xogas con avantaxe. Coñézelo lugar.
Actriz- Pero él non. E quero que compartamos este momento os tres. Sei que lle vai gustar.
Mariñeiro- Eu tamén o sei. Non tiñas que deixar recado e americanas no restaurante.
Actriz- Os momentos especiais vívense con xente especial, especialmemte traxada para o acontecemento. e un pouco de misterio anima o cotarro. Busca no peto.
Saca un fular negro.
Mariñeiro- E ísto?
Actriz- Tápalle os ollos.
Autor- O meu cupo orxiástico está completo.
Actriz- Déixate conducir. Non confías en min?
Autor- Díxolle o alacrán á tartaruga.
O mariñeiro véndalle os ollos.
Autor- Ben aventurados os cegos porque deles será o reino do hostiazo.
Actriz- Non blasfemes pequeno besbello, ou o camiño da perfección esganarate.
Séntanno.
Autor- Falta moito.
Mariñeiro- Queda nada.
Destápanlle es ollos.
Actriz- Non abra-los ollos atá que eu cho diga. Lembra que unha illa é un universo en pequeno.
Pausa.
Autor- Nunca vin o sol que alumease unha raia verde.
Mariñeiro- E un resplendor verde, eu tampouco nunca a vira.
Actriz- Verde esmeralda, os deuses están cás semideusas.
Autor- E o lóstrego verde que Jean Ryhs e Rohmer decidiron ver. O fenomeno refractario mais secreto e extrano do noso mentor Lourenzo. E o día no que se deita e decide mudalas sabas.
Mariñeiro- Quizais porque está novamente acompañado.
Actriz- Non sei se hai mais amantes ou amados. Mais sexo ou desexo.
Autor- O amor non diferencia significante e significado.
Actriz- Por iso amar é tan grande.
Mariñeiro- Porque colle en tí e colle en mín a un mesmo tempo.
Autor- Porque o carácter exclusivo da morte fica vencido polos que amam.
Mariñeiro- Porque o amor non coñece o cansazo dos días iguais.
Actriz- Nin a trampa do smog que fabricamos para aillarnos de nós mesmos.
Mariñeiro- Para botar en falta a verdade da pel e os ollos saurios de desexo.





10 x 1 = 10

10 x 2 = 20

10 x 3 = 30

10 x 4 = 40

10 x 5 = 50

10 x 6 = 60

10 x 7 = 70

10 x 8 = 80

10 x 9 = 90

10 x 10 = 100






ESPACIO

Autor- Qué cedo chega o día dos adeuses.
Actriz- A vida é unha viaxe con continuas despedidas, emprego inestable con fatal liquidez.
Autor- Olla como delinquen as horas os gatos ionquis.
Actriz- Basta coa obsesión dos gatos.
Autor- Voume contigo, con él e cos gatos ionquis enmarcándovos. Así é o retrato que me levo da illa.
Actriz- Non ven, porque non lle gustan as despedidas.
Autor- Mellor así, a min tampouco me gustan, saudao das miñas partes e bicao.
Actriz- Os gatos descansan.
Autor- Os desleigados gatos ionquis. Quizais non precisen vivir para navegar cos seus ollos cóncavos.
Actriz- Arredor do peirao de Fornells.
Autor- Qué foi antes, os gatos ionquis ou Menorca?
Actriz- Antes foi a viaxe, a viaxe sempre nos devolve, coma os gatos, mais sabios.
Autor- Coñeces a teoría segundo a cal os gatos son a representación na terra da vida de outros planetas?
Actriz- Sempre houbo teóricos tocados.
Autor- Considéraselles seres indómitos, nunca domeñados polo home, a diferencia dos cans.
Actriz- E este cursiño acelerado de felinomanía? Pero a que tí non sabías que Catwoman logrou tirarse a Batman.
Autor- Qué versión, a de mamila exterior ou a de mamila interior?
Actriz- Es incorrexible. Por iso te quero.
Autor- Trouxen un presente para despedirme dos gatos. (Saca comida seca pra gatos).
Actriz- Dándolles de comer tronzarás o equilibrio natural das camadas, haberá gatos non desexados.
Autor- Mais gatos e mais beleza para Fornells, qué mais se pode pedir? Faranme fillo de honra da vila. (Bótalles de comer).
Avanza ó proscenio.
A actriz marcha.
O mariñeiro entra en escena.

Autor- Nin se despreguizan para vir comer.
Mariñeiro- Están mantidos e ausentes.
Autor- Son os gatos que miman a nosa amizade.
Mariñeiro- Non o chames amizade, chamao amor.
Bicao.

Autor- Ténoche que contar un secreto.
Mariñeiro- Os secretos son a miña especialidade.
Autor- Once por unha son once.



PANO

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega