v2vitorvaqueiroinformedagavilla003.html
o home ollou ao ceo e sentiu a
friaxe das estrelas espetada na noite entanguecida
e nas súas mans nas súas peles mancadas polos ósos polos seus
ósos que se
estarricaban como coitelos de chumbo
En
Freixo pode un home
recoller
o martelo e a sotana
o
espantademos doce e eucarístico
e
abanalo a cotío
nas
portas nos latexos
nas
perrucas dos xuíces
sentiu tamén chumbo nas pálpebras chumbo no seu cabelo pedra
nos artellos
das mans e mais nos xoenllos area e lama nas canles eternas polas
que percorrera
o sangue e unha mestura de xenreira e tristura nos mais pequenos
recantos do seu
cerebro que ceibaba ideas como labaradas como semanas ceiba o ano
como cabalos
bravos ceiba a montaña
En
Freixo pode un home
argallar
a traizón
agachado
entre o salmo e o milagre
sentiu a friaxe das estrelas do ceo e da súa pistola no berce
quente da man
a friaxe adiantou algúns pasos abalou medrou polos seus pulsos
gabeando
primeiro despaciosa despois como unha teimuda tremeira e
derradeiramente
como un galope que semellaba chegar dende o nacemento do Home do
seixo
e da Colleita e da Treboada furando o tempo como un cicel un valo
de manteiga
ou de madeira
En
Freixo unhas moedas
poden
repenicar encol das lousas
e
brandindo
atravesar
a noite
e
cravarse nun peito descuberto
na
pálpebra de chumbo,
nos
sangues lamacentos.
sentiu que o espazo se encollía sentía que a distancia o
afogaba atopouse a si
mesmo correndo atopouse entre unha mesta marusía de salaios
atopouse entre
os foguetes que ventaban a morte esbronzando o mantelo da noite e
os anteollos
dunha curuxa asosegada e vella e atopouse que en freixo hoxe
En
Freixo hoxe a traizón pode chamarse
pérola,
xoia, alfaia, patriotismo,
un
milleiro cincocentas moedas,
canastro
acugulado de semente,
alboio
de ouro e vida,
e
non ser mais que lixo apodrecido,
miserenta
ruindade,
noxo,
cadea,
morte.