BVG Atrás Índice de Páxinas |
Informe da gavilla |
||
"Polos arrabaldes do mundo ven". |
|
v2vitorvaqueiroinformedagavilla006.html Polos arrabaldes do mundo ven
voando
soando
zoando
unha vella palleta.
Detrás da palleta
mollados
engurrados
requeimados
uns beizos que se erguen.
Detrás dos beizos
dorido
encollido
envellecido
un home que se albisca:
Galego Spirituals.
Non precisan de ti Leuter Enésimo
a túa palleta
a túa vella gorxa
os teus beizos refollados
polo amor e a nortada.
Son as túas mans:
10 dedos
20 e tantos artellos e 10 unllas
2 pulsos
unhas ducias de veas
algún músculo e ósos
xa case que apresos
o que queren de ti
en Düsseldorf
en Bilbo
ou Basilea.
Polos arrabaldes do mundo veñen
zoando
engurrados
doridos
unha vella palleta
uns beizos
e un home que se albisca dondamente
ciscando a súa xenreira no bulleiro:
Galego Spirituals
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |