Majina, ou a filla espúrea. Conto gallego-castellano de miña abó

Páxina Anterior

Capítulo nº 14

Páxina Seguinte

m1valladaresmajina014.html

XIV

     Sabemos ja a causa d'o gran pesar d'o marques qu'á ninguén quixo deci-l-a, incluso a sua muller, pois, de decirll'a, ou sabe-l-a esta, choraría coma él, avergonzada o ver que seu herdeiro, seu fillo único, lujára á un tempo o honor d'as casas de Tria-Castela e de Sancti-Petri. D'ahí que nin á ela, nin o mismo Salvio, dijese tampouco o oujeto e causa d'a sua promesa, d'a promesa feita por encargo de Veranio. Díjolles, si, que pra Terra-Santa e Compostela sairía á cumplir un secreto voto: respetaron ambos, sin a menor curiosidá, a sua oferta; mais o indicarll'a á Salvio, Salvio contestou que o acompañaría, tardesen o que tardasen. Saeu: acompañou-no o de Rebordan, e se durant'a pelegrinacion soupo este, con tristura, o que saber non quixéra, qu'o profanador d'a sua querida, o pai de Majina, d'a chamada espúrea, fora Veranio, o fillo d'o amigo mismo á quien acompañaba, atrebúyas'a casualidá ou a Providencia e sirva hasta pra probar que nada o marques lle dijo, nada Salvio lle preguntou.
     Sabemos que Veranio en mil oitocentos cincuenta estaba en Santiago co-a Marquesa sua nai; sabemos tamen qu'en París morreu arrepentido d'o seu delito; sepamos ahora cando e porqu'á París marchou.
     Veranio, qu'en mil oitocentos cincuenta contaría de dezanóve á vint'anos, logo qu'a conciencia empezou a remorde-l-o d'o torpe feito, tuvo congojas é amarguras, com'Otilia, ben que mais aguilloantes, pois sentia-as o propio delinquente, mentras qu'en Otilia era a inocencia quen sufría. Confesouse; e como d'algunha maneira era preciso repara-l-o daño, tendo en conta as circunstancias gravísimas d'o pecado e d'a ofendida, alcanzar, o ménos, seu perdon, e como para esto era menester tamen da-l-a cara, facerse reo, decir, en fin, qu'él fora quen o lustre empañara d'a sua casa e d'a de Sancti-Petri, Veranio, que tales cousas resistia e a naide, nin a seu pai, queria declararse, n'achando confesor que o ansolvere, deijou de confesarse, pro non a conciencia d'acusa-l-o. Loitou co-ela, e vencido, trataba, cal Otilia, de matarse, siquiera eligise a pistola. Mas dou a sorte s'evitara o lance, atopándoll'un dia sua nai a escondida arma e levandoll'o pai pra que a gardase. Gardou-na o punto o marques e suspeitando estonces algun mal pensamento d'o seu fillo, á quen hachaba desconocido e malenconico dende que chegaran á Madri, pois, contr'o qu'antes lle pasaba, nada ali o satisfacia e aleijabas'hasta d'os amigos; vendo-o precupado sempre, qu'a naide falaba, sin que lle falasen; considerando, en suma, qu'amorios andarían de por medio e sería forza esparjell'o ánimo, levar sua atencion a oujetos novos que novamente e d'outra maneira o impresionasen, ideou, d'acordo co-a Marquesa, face-l-o ir o extranjero, mais sin que Veranio s'apercibise d'o fin qu'eles en isto se propúñan. Dijeronll'o con astrucia, indicandolle diferentes puntos. Veranio alegrouse moito, eligeu París, e en mil oitocentos sesent'edous, cando á Galicia viñan o Marques e Salvio, Veranio, por primera ves, saía á Francia.
     Quixo o principio engañars'á sí mismo, enlouquecers'entr'o refinamento de mil volutosidades e placeres, estrago d'a mocedá; pro alí, como en todas partes, perseguia-o un recordo que non podia matar, o recordo, vivo sempre, d'o seu delito. Aconteceu que, saindo á unha cita, ávedo d'impuras sensaciones, iba certa noite po-l-a calle, e chegando a casa señalada, o que n'ela s'atopou foi, ¿qué dirán nosos leutores? Un cadavre, o cadavre d'a persona a quen citara e qu'a pouco d'entrar alí, caera morta de repente. Extremeceu o home, veu inmediatamente á sua imaginacion o baile en Santiago d'as Candeas, e como se cataratas d'os ollos lle tiraran e un mundo novo ant'eles lle puxeran, quedouse estateco mirando-o, chea d'horror a alma d'angustia o corazon. Avalaba, queria fujir e apenas s'estrevia; figurabaselle qu'a terra s'abria pra traga-l-o. Sacou maquinalmente un bolso de diñeiro, guindou-no ali, volveu costas o cadavre e baijando as escaleiras, enfermo case retirous'á sua posada. Meteuse n'a cama o golpe, coidando d'asosegar, pro non, que remordementos sobre remordementos de toda a vida sua desenvolta o corazon lle sofejaban, a sangue subiasell'a cabeza e puxose realmente enfermo. Chorou estonces, esaminou miudamente a sua conciencia e disposto pra confesars'o outro dia, buscaronll'instruido sacerdote, con que, n'afeuto se confesou e sigueu confesandose moitas veces n'os poucos que viveu dempois. Resultado d'estas últimas confesions e a carta po-l-o mismo sacerdote aconsellada e que morto ja Veranio dirijeu aquel o Marques po-l-o correo.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega