Majina, ou a filla espúrea. Conto gallego-castellano de miña abó

Páxina Anterior

Capítulo nº 17

 

m1valladaresmajina017.html

XVII

     Chegado a Madri o Marques, o primeiro que fijo foi enteirarse de como estaban Majina e Ermelio, Majina, sobre todo, a quen miraba ja coma sua neta, sua herdeira; pois, filla d'o seu fillo unico e sin ascendente-l-o Marques, era ela a forzosa que viña a ter: asi que, cando moi logo pasou a ve-.l-a e visitou seguidamente a Ermelio, en nome de seu padriño, ben qu'ocultando os dous o que n'o Pico e en Compostela sucedera, pareceulle mais bonita, gustoulle mais ainda d'o qu'en Vilanova lle gustara a primeira ves qu'ali a vira. Abrazou-na, fijolle moitas carizas e hasta a bicou n'a frente. De volta n'a casa ja, chamou po-l-a Marquesa, e encerrados ambos n'un cuarto, dijoll'o que n'a sua pelegrinacion descubrira, leull'a carta d'o seu fillo, conoceu a muller estonce-l-o oujeto d'a reservada oferta d'o seu home, e este contoull', por ultimo, como louca deijaba a Otilia en Compostela. A Marquesa entristeceus'e alegrous'a un tempo; entristeceuse, po-l-a mala aucion de Veranio, disgustos e sacrificios de seu pai e estado tamen d'Otilia; alegrouse, porqu'arrepentido morrera o filo, estaba seu delito perdonado e tiña neta, en quen corria a sangue d'aquel mismo fillo. Conocia a Majina, mais non conocia o seu orige; conocia-a como unha espurea, a quen amparaba a caridá e noble corazon d'o seu home. Estonces quixo ja conoce-l-a como tal neta; pro non queria o Marques que Majina traslucise esto po-l-o pronto; queria, si, casa-l-a con Ermelio, sempre qu'os dous s'amasen, e como o tanto tuvesen ambos dezaseis anos, acordaron os Marqueses qu'o tarreo s'esplorase, encargandos'a Marquesa de Majina e o Marques d'Ermelio. Esploraron-o unha e outro, con tal satisfautorio eisito, que resolveron casa-l-os, con tal de qu'o amigo Salvio o aprobase, e casa-l-os n'a casa, cumplido qu'houbese Ermelio os dezaoito.
     Postas así as cousas, escribeu o Marques a Salvio, noticiandolle todo o caso, e Salvio, qu'en Rebordan s'hachaba convalecendo d'a sua enfermedá; Salvio, qu'outra cousa non deseaba ja mais qu'o que se ll'indicaba, a felicidá d'o seu afillado e de Majina; Salvio, qu'acababa d'instituir por seu herdeiro á Ermelio, contestou o Marques non solo aprobando e estimando o feito, senon incluindoll'hasta unha copia simple d'o mismo testamento, con nota firmada d'invariable.
     Fijada, pois, definitivamente a boda pr'o ano mil oitocentos sesent'e oito, Salvio n'este medio tempo iba a Santiago e volvia a Rebordan triste, macío e pensando sempre n'o amargoso estado d'a pobre Otilia qu'hasta a morte sigueu así e en quen a alegria non fora mais d'unha labarada. Quixera asistir a boda d'o seu afillado; quixera ser padriño d'ela, pro o seu corazon era un deserto, estaba moi enegrido, morrera a toda idea d'alborozo e mal a boda aquecia esto. O Marques, por outra parte, adiantábaselle generosamente, e realizaba, acaso millor que realizaria él, o pensamento último qu'acarizaba; o Marques, de consiguente, realizou a boda o ano dito, previo reconocemtne formal d'a sua neta, mais sin asistencia de Salvio que, s'algunha ves deijou a Rebordan foi únicamente pra ir a Santiago a ver a Otilia.
     Majina, se ben nunca conoceu a seus naturales pais, fijo unha gran casada, foi dichosa con Ermelio, e tempo andando Marquesa de Tria-Castela; Ermelio, dono e Señor de Rebordan; Bieito, dono e señor d'a casiña e leiras d'Ermeliño, como decia Ruperta, en virtú de donacion gratuita que ll'otorgou aquel, e Felis agraciado po-l-a nova Marquesa c'unha cantidá en metálico igual o valor d'a casa e leiras donadas a Bieito por Ermelio.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega