m1valladaresmajina011.html
Majina
e Ermelio, que non viran mais edificios e calles qu'as casas e
congostras d'a aldea en que naceran, nin templos mais qu'o de
Vilanova e os de Merin, Samame e Santa-Crús, estes ultimos de
cento unha vés, e decir, o dia de quinta-feira mayor, ou
Jueves-Santo, cando as veliñas iban con Inés, ou á algunha
misa solenia de gaita e de foguetes, á qu'ela misma os levaba;
os rapaces, que formado non tiñan ainda esauta idea d'o qu'era
unha ciudá, qu'o ve-l-a de Santiago, quedaron como atronitos, e
eso que non saian senon á misa n'a Capilla d'as Almas, moi de
madrugada, e un istantiño, a noite, po-l-as calles co-a
pousadeira; os rapaces, decimos, o que chegaron á Madrí e viron
tanto caserío como alí hai e cousas que nunca viran, bonitas,
sí, pro co-as que nunca tampouco s'encariñaran, nin eran pra
disfruta-l-as eles, lonje de quedar pasmados, coma en Santiago,
quedaron tristísimos, ja porque separados foran n'o viaje, ja
porqu'en distintas casas s'atopaban, ja, en fin, porque'aleijados
d'a aldea en que tiñan as suas afeucions, qu'era coma o seu
praiso, nada acostumados os castellanos, nin a terra d'estes,
todo costa arriba se lles facía, especialmente n'os primeiros
dias: encherons'unha e outro de suidades, e conocendo o marqués
e Salvio, comprendendo que, de seguir así, enfermarian, deron en
distraé-l-os, levando-os juntos, non solo po-l-os arredores de
Madrí, si que tamen os títeres e á algun teatro, pra que novos
gustos fosen adiquirindo e de Vilanova s'acordasen menos d'o
qu'os coitadiños s'acordaban. Logo, entraron en colejos:
Ermelio, n'un particular, ond'adiantaba grandemente n'os estudios
preparatorios pra ingeniero civil; Majina, n'outro de señoritas,
ond'aprendia toda clase d'hablidades con asombrosa rapides. Esto
traguía contentísimos os proteutores d'ambos e os rapaces iban
estando ja tamen contentos, sin acordars'apenas nin siquera de
Galicia, pensando sempre un n'o outro, escribindose cartiñas
d'escondite e tratando, si, d'adiantar moito, sobre todo Ermelio,
pra tempo andando casarse con Majina, se seu padriño e o
proteutor d'ela eran gustantes. Pro o marqués á últimos de mil
oitocentos sesenta e catro, tuvo un grandísimo sentimento co-a
perda d'o seu fillo, morto en París. Nunca dend'estonces se lle
veu rir; parecia qu'unha sombra o perseguía, gustaba ll'a
soledá, e se o deijaban solo atopaban-o chorando coma un neno
po-l-o seu fillo, o seu herdeiro único, o herdeiro d'o seu nome
e título. A marquesa tamen choraba, mais sua delor, qu'era
grande, non chega, nin con moito, a d'o marqués. Sentian-o os
amigos qu'á consola-l-o s'acercaban, e s'alguns intimos o
levaban á pasear varias tardes, él iba, po-l-o regular, calado,
cabisbaijo, pensativo, receando sempre que d'o seu fillo lle
faláran, morto fora d'a casa de seus pais, en extranjeira terra,
pro morto coma un santo, segun carta d'o confesor mismo dende
París o marqués.
Otilia e sua nai, Otilia, sobre
todo, esprimentaba especie de remorso, o pensar que seria de
Majina, á quien levara n'as illargas d'a sua filla, que filla
sua era o cabo; reprendias'a si propia d'aquela flojedá e
abandono que criminal lle parecia, as veces; confesouse moitas
d'él; fijo penitencias áspras; dou, con aquescencia de sua nai,
limosnas de diferentes clases á varios pobres e unha e outra
ofrecerons'hasta á San Sebastian de Pico-Sagro á subir á pe
descalzas a ermita d'este monte e oir ali unha misa o santo, ben
n'o seu dia mismo, o vinte de janeiro, s'a estacion non fose
cruda, ben o domingo último de Mayo, en qu'alí tamen se lle
festeja; todo pra que Dios quixera soupesen de Majina.