Memorias dun esquelete de aldea

Páxina Anterior

Capítulos nº 30-33

 

v1xlripaldamemorias008.html

XXX

Nas conversas dos feligreses a saída da misa ultimamente falábase bastante do Poutiga , fuxido de sona que andaba polo monte, que parecía atoparse en dificultades ó estremárselle o acoso así cada vez eralle mís dificil recibir axuda por parte da xente. Quen tivera realción con el dos que nos atopabamos no adro eran o mestre e o Virutas.
     Así aproveitei a primeira ocasión que tiven para galistrar de ámbolos s aconteceres da súa vida. Comenzou a falarme o garda dicíndome:
     -Coñecín ó Poutiga cando lle notifiquei que tiña que incorporarse a guerra que viña de formarse no pais. Entón el moi pereno díxome:
     -Das guerras sempre se aproveitan uns cuantos para o seu propio medre , gracias ós que son empurrados a elas como burros testáns , eu non quero ser burro.
     -Era normal -fala o mestre -que o proceder do Poutiga fose así , xa que el tiña uns ideais moi firmes como puiden comprobar cando asistía a escola nocturna , pois pouco o puidera facer durante o día. Os seus ideais son os que levan a un a ser solidario cos demais , e mesmo ós maiores sacrificios.
     Polas palabas do mestre decateime que o Poutiga fora quen o socorrera cando estivera achantado nun dos nichos vougos do adro .
     De alí a un tempo destas conversas , unha noite en que estabamos no adro , só o Virutas e máis eu , pois sempre ereamos os últimos en encoveirarnos , el por escoitar o ranfeño de grilos e cantaruxas , eu por ordear os papeis das miñas memorias .      Eso naturalmente cando as noites quedaban quentes. O Virutas achegouse a min dicindome que debiamos achantarnos pois alguén abrira a cancela de ferro . Así o fixemos ollando como un home era emborcado no adro ,concretamente diante da porta da igrexa., ó non toar achegámonos a el con curiosidade. O Virutas tan pronto como lle viu a cara deu un berro ,xa que recoñecera ó Poutiga , e unha vez que saíra do seu asoro dixo:
     -Mira debemos volvernos achantar porque se as cousas se realizan como eu penso axiña veremos xente no cimeterio , digo esto porque o Poutiga debeu ser ferido nunha emboscada e recollido por algúns veciños que o levaron a súa casa , onde morreo .
     - Xa te entendo e por medo o cerco dos gardas trouxerono o cemiterio - di o mestre.
     Non se trabucaba o Virutas , pois non tardaron en presentarse no cemiterio un grupo de gardas seguramente avisados polos que o recolleran para evitar sospeitas. O que os mandaba sacou a pistola e zorregoulle uns tiros para atribuirse el o exito da súa morte , despois colleron o corpo e arredáronse do lugar . Eu non chegaba a enxergar a que viña toda aquela serie de cousas , pero prontoo Virutas quitoume de dúbidas dicindome:
     - Deberemos estar atentos as conversas do adro .
     - Tal como dicía o Virutas un día escoitamos que alguén comentaba as novas da radio que dicíam
     -O bandoleiro coñecido co alcume de Poutiga .morreu abatido por unha operación de acoso que se viña facendo desde hai tempo ó intentar refuxiarse nunha das casa da aldea que o protexía. O que proba o grande preparación das nosas forzas de seguridade.
     Así o Virutas acertara co seu agoiro .pois sucedeu tal como el pensara. Esqueciame diciros que o alcume veulle por ter moitas veces como único alimento o froito da poitiga , garacias a el puido sobreviviren determinadas ocasións.


XXXI

A baiuca do Colordo de sempre tivera sona, non só pola calidade do viño, senón polas variadas conversas que nela tiñan lugar . O disparatadas que puidesen ser estaba en relación coa xerras de viño aló poleiradas , fose como fose o Colorado sempre tiña unha frase chea de comprensión . " Para conto está ben" .
     Eu o mesmo que tódolos rapaces querialle moito polos continuos agasallos que nos facía : Unha veces galletas, outras caramelos , endexamais nos votaba do local como facían outros .
     O alcume do Colorado co que se coñecía viñeralle de ter a cara moi avermellada da cor do sangue , anos despois sendo eu estudiante de mediciña , advertimlle de que fose a modo coas cuncas de viño , pois podíanlle estourar as veas . Máis el dicía que unha das probas de que o viño sexa de calidade e que o beba o propio taberneiro.
     Sen embargo o que eu agoiraba non tardou en producirse , pois xa o temos no adro na nosa compaña , un derrame cerebral foi a causa.
     Os primeiros días do seu falecemento non había día que o Xocas e mailo Narnexas non lle fixeran unha visita a súa tumba , pois eran siaeiros de cotío da baiuca e votábano moito de menos.
     Asi escoitaba que lle dicía o Xocas :
     - Agora as partidas de timba nn teñen gracia falta ti para alporizarte cando dicías que che velaban as cartas ou por outras cousas.
     - Ti sempre tiñas o xerro a disposición do que quixese botar o viño nas cuncas , ainda que axexabas de esguello as que engulian e se alguén se pasaba de listo querendo pagar menos das empoleiradas diciaslle quen o invitara as outras.
     Por tanto non era de estrañar que o botasen de menos na baiuca , onde penduraban das paredes calendarios que sempre tiñan o mesmo númro de follas , somente sabíase que pasaban os anos por eles debido a cor mancilenta e patina que os cubría. Alo na baiuca había que abrirse paso entre caixas e pipotes ciscados polo chan.
     Pola pequena xanela agradecíase o fresco que entraba no verán máis no inverno facía que entrasen rafadas de vento que bambeaban a bombilla e a pequena antuca que a cubría., o que facía que espoliñarnos de frío ,tarruscando os dentes.
     E nas paredes as arañas preparaban os fios coa seguridade de que ningún ía a rompelos .
     Cando o taberneiro naceu a vida de esquelete , conteille os laios que o pe da súa tumba guindaban os seus siaeiros e todo o que botaban de menos como a partida de timba a conversa , pero sobre todo o viño .
     Certo - díxome o Colorado - que tiñan boas razóns para elo pois sabín que eu nunca daba gato por lebre . Pois co meu camión levaba as pipas a encher nas mellores ribeiras na procura de viño de calidade. Para outros éralle máis doado acudir ós almacenes. .

     En verdade que o Colorado tiña razón xa que no seu viño sentíase como se di a uva.


XXXII

Unha noite que estaba eu sentado no muro que nos rodea , e cando me ía enconveirar quedei abraíado pola presencia dun lagarto, o pobre sen dúbida polo abafante do calor arfaba fortemente , repetindo unha e outra vez.
     -¡ Non me trepedes! ¡ Non me trepedes!
     Eu decanteime de que era unha alma en pena reencarnada .
     Díxenlle que non debía temer nada , pois ninguén o ía a trepar.
     Eu galistrei del me contase os motivos polos que chegara a tan triste situación .
     - Hai anos-comezou a falar- o vivía nun castelo desta bisbarra do que áinda se conservan os seus muros del albiscaba un vizoso val , onde a xente traballaba arreo para min .
     Todos estaban obrigados a darme os correspondentes trabucos , sen que variase a cantidade fose mala ou boa a colleita.
     Gostaba de pasear a cabalo polas miñas posesións facendo zoar o meu vergallo no aire e despois deixabao caer no lombo daqueles desgraciados , o mesmo tempo que lles esgutiaba:
     -¡ Derreadevos ! Quero ver como vos arrousades pola terra , ata quitarlle a última pinga .
     Entre aquelas xentes había un matrimonio cunha soa filla , moi bélida , andaría polos quince anos , Sendo a única alegría dentro da súa desgracia.
     O pai un día ante a imposibilidade de poder pagar os trabucos presentouse diante de min e díxome:
     - Este ano non lle podo pagar , o tempo axudou pouco e a terra non se amosou xenerosa ademais os meus brazos teñen cada vez menos forza.
     Pero en lugar de abrandase pola súa coita díxenlle que todo se podía arranxar se deixaba que a súa filla viñese o castelo o meu servicio.
     O escoitar as miñas palabra comezou a laiarse dicindo:
     - ¡Teña piedade !, A miña filla é o único que nos queda para a nosa vellez.
     Xa lle ofrecemos os mellores anos da nosa vida traballando a cotío , non nos arrebate o noso don máis preciado.
     Pero lexos de enternecerse non tiven piedade e berreille :
     - Eu nada collo só aquelo que me pertenece , non teño culpa que chegásedes a esa situación por ser gandules .
     Os seus laios foron inútiles e a súa fila leveina o castelo , pero antes díxome o pai:
     -Oxalá a túa alma non teña endexamais acougo , e despois da túa morte andes arrousado polo chan , como nos obrigaches a nós .
     Eu como resposta fixen zoar a miña tralla e arredeime dando grandes gargalladas.
     Co tempo a maldición cumpliuse o morrer eu , pois nunha das salas de máis vagantio do castelo , depositaron o meu corpo nun cadaleito . Cando se dispoñían a tapalo todos quedaron pampos de ver un lagarto sair do fondo.
     Desde entón véxome na obriga de percorrer camiños e congostas , e sempre tendo cuidado de que alguén non me trepe por eso busco os lugares isolados , adros e casas abandonadas sen poder determe moito tempo en cada sitio xa que o meu destino é andar arrousándome para sempre.
     E cando dixo eso esbarou polas pedras do muro ,axexando ,movendo a cabeza dun lado a outro. A súa historia , en verdade, deixoume asorado , pois se o seu pecado foi grande , terrible tamén o castigo.


XXXIII

Co eslimar do tempo moitos esqueletes foron desaparecendo , pois tampouco somos eternos , e os poucos que aínda quedamos sentimos que os ósos das pernas non terman case de nós , non temos tanpouco degaros de sair do tobo , onde agardamos convertirnos en borralla.
     Cada vez máis ,as polas dos castiñeiros sobrancean sobre o adro ¡ Como disfrutaría o Candea ! agora enxurrando as castañas que debagan en grande cantidade.Pero agora non hai sacristán nin abade só misa pola festividade de San Roque , difuntos ou por petición ó crego novo da freguesía que se formou máis arriba .
     Eiquí o adro quedou só , o rebumbio daquelas conversas coas que tanto disfrutabamos xa non se deixan sentir . Nin chega o arrecendo dos prados , nin o canto dos grilos e cantaruxas coas que disfrutaba o Virutas , nin alumean as pequenas luces dos vagalumes.
     Entre as pedras medran as herbas e os musgos por mor do avesío que se fixo o lugar , pola constante lentura.
     Desde eiquí escoitamos as badaladas das campás da nova igrexa arredada das casas. Nun descampado do monte fíxose o cemiterio tan temido polo noso crego non obstante non deberá arrousar a súa andorga , acompañando os cadaleitos ó estar nunha residencia de vellos de capellán , destino concedido por ter xa moitos anos.
     O novo cimeterio terá como o das cidades unha existencia triste , pois non é outra a sensación aque dan eses panteóns altos onde apodrecen as carnes apreixadas polo cemento.
     Eu estiven en vida neses lugares que permanecen valeiros , sen recibir visitas ó ir do ano .Só o día de difuntos hai un afervoado interés , entón é cando os autobuses van atigados de xente , as rúas están salferidas con choqueiros candieiros , estampas ,coroas, ramos de flores . A xente arremoíñase nesas cidades de mármore, e aló permanecen durante horas como trascaburrrados ,ata que os altofalantes avisan o peche das portas.
     Aló quedan patentes as diferencias entre os enconveirados . A uns en grandes mansoleos lembráselle o seu pasado glorioso ou a riqueza da súa familia.
     Outros non teñen enriba da lousa que os cubre nin un bitafe co seu nome para lembralos.
     No noso adro non había diferencias ,todos estabamos rente o chan , e o día de difuntos era un día máis do ano sen grandes cambios. ¡ Que mágoa que só se ecorden dos mortos en datas señaladas! .Hoxe os ceminterios afastanse dos vivos , como se houbese que terlle medo ós mortos.
     " Os adros dos altos alciprestes, das oliveiras escuras, floridos e verdes ,amigos dos vivos ,a quen nin os nenos temen" . Segundo contou a nosa Rosalía, quedaron no esquecemento.
     Sentimonos eivados , por esta soidade ,eu tamén pensei non poder darlle remate as memorias , pois xa o lápis apenas poido sostelo entre os dedos .
     Agora veñen o meu acordo as conversas co mestre , o Roquiño , o Colorado , e como non co Virutas e tantos outros.
     Os adros non volverán a estar avincallados as xentes . Eos poucos que xa quedan soios , son mudas testemuñas dun pasado da aldea.



     Así remataban as memorias do esquelete Pedro cando o sol toutiñante co seu arrebol estremuña , polo que me dispuxen a enxeitar o adro.Pero antes boteile unha derradeira ollada a súa tumba , e lembeime das palabras do escritor .


     ... E si todo o que ti escribas querido Pedro e digno de interese asegúroche que será publicado . Xuzga ti lector amigo .


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega