Memorias dun esquelete de aldea

Páxina Anterior

Capítulos nº 26-29

Páxina Seguinte

v1xlripaldamemorias007.html

XXVI

Se alguén houbo que tívese teima por tocar a campá este foi o Severino . Sempre estaba disposto , xa fose nas rogativas arredor do adro , na festa da freguesía ou dar avisos importantes como podía ser o convocar a xente para apagar o lume dos montes.
     Pois acudía a empolingrarse no alto do campanario e veña a dar badaladas .
     Como o monte ardía con demasíada continuidade a xente comezou a preocuparse e pensaba que algún estaba a facer esto a man tenta.
     Segundo escoitaba os feligreses no adro estes preguntábanse uns a outros quen podía ser o causante edaquela desfeita , pero entón alguén sospeitou e dixo:
     - Ollade para o campanario e atoparedes a solución do caso do que quima o monte.
     - Pois tes razón - dixo outro -non hai a quen lle goste máis tocar a campá que ó Severino e se hai lume a tocata tena asegurada así que non hai porque devanar os sexos máis para atopar o culpable.
     - Non obstante debemos estar seguros e velalo - dixo outro.
     A cousa deu resultado e non tardaron en collelo na faena.
     Ninguén o denunciou xa que enxergaron que era unha teima que aínda que lles causara bastante amoladelas , xa que de facelo endexamis tería un certificado de boa conducta e neste caso non sería por culpa do crego.
     Así decidiron estar ó axexo para impedirlle que cometese alguna facaltruada máis.
Pouco a pouco o Severino esqueceu a tema pola campá o que os esqueletes lle agradecemos , pois abrouxabanos con tanto ruído.
     Poren o feito de renunciar a tocar a campá non foi causa de que buscase outra maneira de divertirse . Para eso aproveitou a hora da dormiñique , momento no que se disfruta dodecanso pola forte ardentía nas longas xeiras de verán , da maneira que de novo volveu amolar ós seus veciños , e a nós tamén polas novas e continuadas badaladas . E tratamos de buscar ó causante desta nova boria . A xente facía continuas visitas ó adro , máis só atopaban a un castrón ,resultando que era o do Severino . Esto fixo que alguén dixera:
     - Non vos parce sospeitoso que cando toca a campá sempre nos atopemos co castrón no adro.
     -Home , non pensarás que e el o que a toca.
     - El desde logo que non , pero non teño dúbida que é o seu amo , polo que temos que andar a pescuda de cando slga da casa co animal .
     Así o fixero e a descubriron que ataba o carneiro a un aramio que desde o badal da campá baixaba ata o chan por medio do que o crego daba os últimos toques de chamada a misa. O coitado animal cos seus choutos ó intentar librase daquela baraza facía sonar a campá . Se algúen se acaroaba entón o Antolín acudía rápido e así deixaba libre o carneiro para que ningún se decátase do engano.
     Esta nova facaltruada do Severino foi de novo moi comentada no adro . E segundo opinaban algúns as cousa que a el se lle ocurrían eran propias do trasno.


XXVII

Nai Pepa , así era o nome co que se coñecía esta muller que pasara pola vida facendo todo o ben que puido .
     Arranxaba os ósos máis tamén era entendida en toda clase de doencias .A ela acudían as xentes dos máis alleos lugares .os que atendía con agarimo.
     O seu enterro foi un dos grandes acontecementos do adro .
     En verdade tiña verdadeiros debezos en falar con ela pois , tería dabondo historias para me contar .
     Algunha moi xareliñas , como as da Sariña , muller ,da que xa tiven ocasión de falar .
     Unha noite , comentaba Nai Pepa ,sentín chamar á porta con moita presa a xuzgar polo continuo petar na aldaba ,era a Sariña., que me dixo:
     - Tes que vir axiña a miña casa pois " o animal" escordou unha pata o cair no curral pola ventá do gabán .
     -¿ E que estaba a facer no gabán?- díxenlle eu asorada .
     E logo onde ía a estar , o que pasa que entrou as escuras , por non antear o candil, trabucouse no camiño , cousa nada estraña pola melopea que traía , por mor de pasar todo o día na estila do augardente .
     -Eu decateime da pouca sesiduza que ela amosaba ,segundo demostraba pola conversa chea de desatinos e, tencionei de seguirlle a corriente , para ver en que remataba aquilo ,e díxenlle :
     -Pois non se pode facer nada tratándose dun animal , hai que meterlle o coitelo e aproveitalo .
     Ó dicir esto Sariña comezou a berrar .
     - Non quero que lle faga eso , aínda que o merece por ser un verdadeiro marrau , ó deixar no leito un gafume que non hai quen ature .
     - Eso é natural , Sariña -díxenlle -, pois tódolos marraos feden que alcatrean .
     - Xa sei pero el ten dúas máns como todo o mundo para lavalas .
     Tal resposta fixome rir como se di a cachón o decatarme de que o animal do que falaba era o seu propio home.
     Outra das historias ,cicais un pouco tristes foia de Andrea , con sona de ser unha das máis bélidas da bisbarra .
     Malia , como é natural co eslimar do tempo, perdeu esta cualidade o que fixo comezase a cismar de tal maneira ata tolear..
     Os familiares trouxérona onda min para ver o que podía facer eu dinlle unhas herbas que nun principio íana tranquilizando .Pero a vesania avanzaba cada ves máis ata o punto de non querer sair do seu cuarto , onde pasaba horas e horas ollando para as súas fotos , onde aparecia vizosa en contraste coa imaxe amarfañada que lle ofrecía o espello .Ela consideraba que era outra persoa e sempre se dirixía a ela coas palabras : "Aínda segues aí mala bicha"
     Un día os familiares escoitaron un estrondo de cristais .Acudiron ó cuarto é atoparon a pobre da muller escamallada no chan entre anacos salferidos do espello.O carazón ,esta vez, non foi quen de resistir a rabecha.
En verdade que a historia era bastanrte triste a señora Andrea non puido amoldarse o paso do tempo.


XXVIII

Un domingo a saída da misa escoitamos no adro un balbordo inquedo das xentes, que anunciaba algún suceso grave .
E así era nunha aldea houbera máis de vinte mortos , unha verdadeira desgracia . O que produxo grande mágoa , a causa non foi outra que as eternas loitas entre gandeiros e labregos .
     A discusión que tiña lugar no adro era como ían a facer para darlle sepultura os mortos que desexaban enterrar no ceminterio porque debo dicir que foron repartidos entre os ceminterios da bisbarrra o noso tocáronlle tres . A ocasión foi aproveitada polo Sindin quen dixo:
     - Agora decatarédevos de como facía falta que o cimentrio fose ampliado . Polo que lle busquen sitio oas mortos os de Belas Artes , que foron os que se negaron a que o cimeteio fose agrandado.
     Mais o crego arranxou asunto da seguinte maneira.
     -Aínda que o adro xa está bastante cumplido , imos sair do atranco da seguinte maneira para eso tiraremos o valado que separa o adro dos que non foron dignos de ser enterrados en lugar sagrado e como resulta que é moi ancho dará para as tumbas novas .
     En lugar do muro primitivo o novo sea mais delgado e así quedará a cousa máis ou menos ben .Mentras se fan as obras os mortos enterráranse nas tumbas valeiras que cada veciño penso que cederá de forma voluntaria
     Así o crego de novo quedou contento, pois non as tiña todas consigo porque algúns eran partidarios de facer un novo ceminterio e vian agora unha nova posibilidade de construílo .
     Pasado un tempo como lugar vos debedes supoñer, tiven ocasión de que un dos que fora victima dos sucesos me contara o asunto , o que tiña verdadeiros degaros. de coñecer Así nunha noite de luar que daba gusto estar no adro , arredor do home formouse un coro e principiou a falar :
     -Mirade a cousa tiña que estoupar un día ou outro , pois os labregos non podiamos consentir que o traballo de todo o ano , unha vez que daba o seu froito fose avasalado polo gando tanto se tratase de cabalos como de vacas.
     Enton dixo o Roquiño :
     - É que algúns son moi cómodos deixan ós animais ceibes polo monte e logo que se busquen a vida como poidan.
     - Bon - fala agora o Chinfano que como a noite era agradable engadírase ós espectadores- eu penso que tampouco e cuestión de que sigades roturando o monte plantando trigo, así dentro de pouco non quedará sitio onde poida pastar o gando.
     - Penso que algo de razón tedes , pero aínda quedaba monte e monte , de tódalas maneira xa non foi posible seguir a sementar nel xa que o gando non o deixaba medrar as plantas. Ademais non só foi eso senón que baixaron as hortas das aldes e non deixaron nada en pé.
     - E claro- fala nai Pepa -non tardastes en organizar unha batida como se de cazar ó lobo se tratase.
     - Pois así foi- continuou a historia o home- xa que pensamos que era a única saída que tiñamos , como consecuencia delo .deixamos varios animais mortos no monte.
     A resposta non se fixo esperar e aí os gandeiros , que perto da noite ,chegaron un homes a baiuca do Fuco e comezaron a engulir cuncas de viño unha tras de outra ó mesmo tempo que a medida que ían empoleirando grolo tras grolo amenazaban a todos dicindo que ían enviar a todos ó inferno e ademais que espetarían os labregos nas cercas de aramios que puxeran . O vindeiro día un tropel de vacas e cabalos dirixiuse a nosa aldea ,detrás ían os cabaleiros guizandoos para encabuxalos máis cravandolles o lombo con aguilladas , e disparando as súas escopetas os resultado non é necesario que volo conte.
     Así rematou a historia o home , unha vez máis , a xenreira adueñouse da xente e unha vez mís as aldeas tocoulle encherse de loito.


XXIX

Cada vez que no adro sentíase oubear o lobo , esto non agradaba ó Liborio polo que pensei que algo lle debera pasar en relación con este animal .
     Despois de insistir non poucas veces , pois sempre buscaba disculpas ó cabo contoume unha interesante historia .
     -Mira -comezoume a falar- os meus pais víronse na obriga a vir a esta freguesía ó nacer eu . Xa que segundo a creencia popular o matimonio que tívese sete fillos , todos homes , o derradeiro a causa dunha maldición , convirtiríase en lobishme . Como ese era eu , na aldea onde viviamos non pararon ata que conseguiron votarnos.
     Bon , agora contareiche a historia prometida, mira en tempos erguiase no cumio da aldea de onde procedemos, un castelo , que habitaba un poderoso señor ,que tiña sometidos os que vivían o seu pe en pequenas choupanas , traballando para el.
     Máis a esta vida nons e afixo o xoven Albatrios quen xunto coa súa bela compañeira Loreal ,vivían en liberdade nunha vizosa fraga, non moi lonxe das pòubeas .
     Naquel lugar a xore era completa , somente andruviada pola presencia do señor do castelo D. Gui que xunto coa súa culimalla e xauría de cans entraba na fraga facendo verddeiras desfeitas nos animais .
     D Gui tíñalle grande xenreira a Albatrios motivada dunha parte por Loreal por non ceder as súas gabanzas , e doutra pola humillación de velos vivir libremente . E así tratou de buscar a maneira de poder desfacerse de Albatrios . Sería despedazado polos cans, e logo botaríallea culpa ós lobos, que tantos e facían sentir por aqueles lugares, o mesmo que agora.
     Así o xoven non tardou en aparecer esnaquizado no medio dun claro da fraga. D Gui fixo crer a todos que o autor da morte do xoven foran os lobos , pero Loreal non era da mesma opinión e comezou a preparar a súa vinga.
     Para eso principio a ceder as gabanzas de D. Gui que depois da morte de Albatrios aguilloaba en sobexo O cabo a xoven foise a vivir con el ó castelo , participandona vida de francachelas xunto con aquel home e a súa culimalla Máis no seu cerne ía pouco a pouco xermolando o gromo da súa vinga : ¡Un fillo !
     Tan pronto como o neno viu a luz a nai díxolle:
     -Que o mesmo que o teu pai morreu esnaquizado polos cans , ti convertido en lobo non teñas acougo ata facer o mesmo con quen lle causou a morte.
     Así o fillo de Loreal medrou sen saber que era potador de tal maldición .Unha noite a nai viu cumplido o seu anceio , cando o fillo se achegou a ela con grandes asuras dicíndolle :
     - Sinto proerme a pel , e a roupa semella unha baraza que me avincalla .
     - Sae do castelo - dille a nai- e vai o medio da fraga unha vez aló debullaste das túas roupas .
     Así o fixo , e unha vez espido comenzou a dar laios tremendos , pois era a maneira de coller fereza.
     D. Gui ó notar a falta do seu fillo mandou a buscalo por tódolos lugares . Pero só diron coas súas roupas que unha vez no castelo apresurouse a recollelas Loreal .
     Desde entón comezaron as fazañas do lobishome os seus oubeos tiñan arrepiada a toda a bisbarra. Ninguén era quen de andar de noite,a nin por lugare solitarios durante o día . E non pasba moito tempo sen que algúen non aparecese degolado .Loreal agardaba pacientemente con verdadeiros degaros o momento en que D. Gui tamén correse a mesma sorte. Sen embargo este comezou a sospeitar que algo estraño estaba a pasar xa que as accións do lobo principiaran coa desaparición do seu fillo . Por eso díxolle a Loreal :
     -Ti es a causante de todo, votácheslle de seguro un malfafo o fillo para vingarte, pois non esqueceches a triganza cara min , el é o lobishome. Por eso te deches tanta presa en recoller as súas roupas .
     Debo de aclararche que as roupas tiñan unha grande importancia pois se alguén as queima o que recibiu a maldición volve ó seu estado normal. Por eso Loreal díxolle a D. Gui :
     - Si, as roupas non poderás recuperalas nunca ,ademais o fillo non era teu pois cando viñen xunto a ti para vivir no castelo , o froito da miña vinga xa estaba no meu ventre , por tanto debes de saber que non é teu fillo senón de Albatrios.
     Entón D. Gui ,cheo de rabecha atravesou o corazón de Loreal co seu puñal, depois como louco saíu do castelo montado nun cabalo e dirixiuse a fraga.
     Daba golpes coa espada a un lado e a outro como se estivese adoecido , entón o lobishome non tardou en presentarse e dun cotifón guindouno do cabalo .
     D. Gui tencionou de cravarlle a espada , máis quedou abraíado ó comprobar como esta era rexeitada polo peito da fera. D Gui ampeaba cada vez máis , falto de forzas, a fin o lobishome partiulle a gorxa e de seguido esnaquizouno salferindo os seus cachos polo chan.
     Desde entón o ir dos anos os do lugar onde pasaron estos sucesos , crense portadores deste malfado.
     Desde logo eu endexamais tiven que ver co lobishome , máis as veces tales crenzas amolan o seu.
     En verdade que o Liborio tiña razón a súa familia pagou as consecuencias destes feitizos .


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega