As posturas do día

Páxina Anterior

Escolma. "Ponte polo sitio das froitas"

Páxina Seguinte

v4emmapedreirapontepolo.html
Ponte polo sitio das froitas
acadando unha luz mortal
de besta
moi próxima a me incrustar amor por embaixo da pel
envorcando
e desfacendo as repetidas tres únicas posturas
que mantén o día

primeiro paso fluvial para fulminar unha espera

inchazón da pel que vai rebentar en aire
e acordar

incorporar un corpo a outro que fai encoros
e aprendendo a soterrar
consegue saber que a morte
ten algo que ver
cun abrir do día
un sentir fetal
que provoca a renuncia

(a morte é un lugar
de ser
por detrás dos ollos)

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega