Corpo

Páxina Anterior

(pés)

Páxina Seguinte

v4emmapedreirapes.html
quen raiou
as palmas dos pés
adiantou un camiño lento
que vai describir esta inmensa rota
este adiantarse a luces sobre a pel
coas dimensións do lume que avanza

por non saber
non saberei como se sinalan através do ventre
os pasos que derivan do profundo itinerario da ausencia
ou como os pés poden levar un designio
de acontecer
nun lugar preciso
onde poder medrar de nocelos cara arriba
sendo raíz d' abaixo polas dedas incrustadas
no íntimo momento da choiva
un lugar
que baixo os teus pés se fai
lugar dos pasos caducifolios

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega