Corpo

Páxina Anterior

(lombo)

Páxina Seguinte

v4emmapedreiralombo.html
por crebar todo un espacio
invertebrado entre as costelas
envorcas toda a espiña
e chegas a ser a exacta proporción do animal
espiral

e provocas toda unha estampida de corpo cara a luz

ou tal vez inicias
este itinerario de brazos
de costas ao lume
e fas que toda a sombra cabalgue sobre ti
como en cativa luminosidade
de pel
fixera o tacto ingrávido da procesionaria

escorrega
pinga de suor
ou lenta estrela quencida e carbónica
deica uns labios que han xordir
como poros-boca
e o lombo do animal
será animal
en grupa
dacabalo de lombos vivos
espirais indíxenas
movemento e posición que se enhebra
e se propulsa
                                                 (e desbocado se distancia)

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega