Corpo

Páxina Anterior

(mans)

Páxina Seguinte

v4emmapedreiramans.html
doutro xeito
xamais viviría o ruido no teu interior
se mil paxaros afogados no teu ventre
se silenciaran
sobre o mesmo punto da tarde
no que conflúen as túas mans
e cos dedos
agrandas a capacidade das noites
                                        para nutrirse de areais opacos
gárgolas de luz
a se tornar estrelas carbónicas
chíos de inmensa dor alimentada por sí mesma

aquí
é o momento
da esgrima eléctrica acontecendo polos dedos

agora
as túas mans
chegan abatidas
desde a desilusión dos teus ollos
                                                            derramados

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega