Corpo

Páxina Anterior

(dedos)

Páxina Seguinte

v4emmapedreiradedos.html
hai unha provocación que se pronuncia
animal
baixo a pel dos teus dedos
algo que -descoñecido en momento inicial- percorre e asegura
un camiño de apalpadas adentro
adentro
e adentro todo un corpo pode sonar á materia táctil do desexo
a perigoso asulagamento acuático
a amorear e esparexer pel coas pontas
como quen amasa
unha superficie corporal
en pan de avea ou area de deserto

pervive en dedaleiras e dixitais
un ruido percorredor
que se incrusta baixo as unllas
e que entres
que percorras
que insistas         e          que entres
que baleires         e           enchas
invirtas
enroles
desanoes
aneles                e             entres
que invadas       e             conxures
conquiras
sometas
que anegues       e          arrases
que chegues
e
que entres

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega