BVG Atrás Índice de Páxinas |
Corpo |
||
(corazón) |
v4emmapedreiracorazon.html
adentro ó teu corpo
na perpetuidade húmida de pel
de mans que se abren
como pétalas molladas
e que arden
que se ignoran entre si como pedras
como se queima o teu triste corazón incrustado
na nudez de cativo
cuspindo lume nesa hora de desexos
o teu corazón que come flores feridas nas follas
e mortas por detrás dos labios
adentro o teu corpo
coa sinxela traxectoria das feridas
elásticas esporas prateadas que preexisten
alucinan
e convocan
a hora de que te ensortelles
e te ocultes
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |