Corpo

Páxina Anterior

(ventre)

Páxina Seguinte

v4emmapedreiraventre.html
é    - por fin -
                  a deprimida inconclusión
do teu ventre

o reflexo da lúa
como cabalo inflamado da miña menstruación diminuta

encoro de paisaxes desbocadas
broslando un espacio impermeábel
material-de-quentura
desexo
             que dorme
                                ou padece
                                     un ensimismado acobillo de augas

osos de xelo fértil acontecen polo teu ventre
(íspome en ti)
e ti
baixas
á mediados da noite
de xeito que a espiral desintegra
unha exhibición de vexetación fluída
           que non permite acougar a incontención do embigo
centrífugo

desléixaste cara dentro                     inacabábel
derrámaste
en hemorraxias         e secuencias

(no teu ventre
   propuxéchesme o máis último corpo)

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega